Pode ser Marte un planeta habitable? Charla na Casa das Ciencias da Coruña

Podería ser Marte un planeta con condicións axeitadas para a vida? Arredor desta cuestión xirará a charla que este xoves 12, ás 19 horas, impartirá o astrofísico Borja Tosar no planetario da Casa das Ciencias da Coruña.

Marte é o planeta máis próximo á Terra, e tamén o máis parecido ao noso fogar. Con todo, se un astronauta baixase dunha nave espacial á súa superficie sen a protección axeitada, tardaría apenas 20 segundos en esvaerse pola ausencia de osíxeno e só uns poucos minutos en morrer.

Publicidade

Na súa conferencia, Borja Tosar, Master en Astrofísica pola Universidad de Valencia, abordará as razóns polas cales atrae tanto Marte e todo o que o rodea. Falarase das claves para vivir neste planeta e se hai posibilidade de, a través de enxeñaría planetaria, transformar a súa superficie para facelo habitable, nun proceso que os expertos coñecen como terraformación.

A entrada será libre ata completar o espazo dispoñible no Planetario.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns