A formación do universo e da Terra, neste xenial vídeo en timelapse

Na escala da historia do universo, a Humanidade representa un pequeno chisco, apenas un flash. Para facer este percorrido, John Boswell estrea este vídeo que simula un ‘timelapse’ que vai dende o Big Bang ata os nosos días na Terra. Boswell, tamén coñecido como melodysheep , fíxose un nome a si mesmo ao longo dos anos creando cancións para científicos como Neil deGrasse Tyson e Carl Sagan.

Este novo vídeo é un pouco como unha curta documental sobre a formación do universo, co clip ocasional de personalidades notables como Brian Cox, Carl Sagan e David Attenborough. Cada segundo do vídeo representa 22 millóns de anos, e a medida que avanza, Boswell explica os conceptos básicos de como evolucionou o universo, desde a formación das primeiras estrelas, galaxias, buracos negros e supernovas.

Publicidade

Non é ata máis de 6 minutos no vídeo que o noso propio sol e sistema solar comezan a formarse, mentres que a Humanidade non aparece ata a última fracción de segundo. É un roteiro perfecto para repasar o que veu antes ca nós, e o pequenos que somos no universo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un proxecto con participación galega estuda novas formas de radioterapia contra os tumores cerebrais

InnovaRTBRAIN investiga tratamentos máis eficaces e seguros fronte ao glioma, un dos cancros do cerebro máis agresivos e complexos

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Unha investigación da USC profunda na figura da “adúltera castigada” do Pórtico de Praterías

O profesor José María Anguita Jaén vén de publicar unha extensa análise sobre a imaxe da muller cun cranio no colo que xa é mencionada no ‘Liber Sancti Iacobi’

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento