O Foro Humboldt leva ao Domus a dimensión estética do científico alemán

Dentro das actividades programadas no Foro Humboldt Coruña para este 2017, o vindeiro xoves 19 de outubro, terá lugar na Domus da Coruña a conferencia ‘O sentimento de comprender as diferentes belezas: ciencia, estética e protección da paisaxe en Humboldt’, impartida pola Doutora en Historia e Teoría da Arte Elisa Garrido.

A cita terá lugar ás 20 h, e a entrada é de balde. Como o aforo é limitado, a organización prega confirmar asistencia en: formacion@ceida.org – 981 630 618

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España