Estas son as fotos gañadoras de “Imaxes de ciencia para o futuro”

O xurado do certame, organizado por GCiencia en colaboración cos Museos Científicos Coruñeses, elixe tres imaxes nas dúas categorías

Tres fotografías (dúas na categoría de adultos e unha na xuvenil) foron elixidas como gañadoras do certame “Imaxes de ciencia para o futuro”, organizado por GCiencia e que conta coa colaboración dos Museos Científicos Coruñeses. O xurado, composto por profesionais da museística, fotografía, divulgación e xornalismo científico, escolleu as imaxes entre as máis de 50 fotografías recibidas a través de Facebook, Twitter e Instagram.

“Soneca”, de Rafael (16 anos)

Na categoría infantil, o xurado elixiu a imaxe tomada por Rafael a unha das focas do Aquarium Finisterrae, que emerxe da auga cunha curiosa forma.

Publicidade

“Os camaróns non son laranxas (iso só é cando están cocidos)”, de Eduardo (52 anos)

Na categoría de adultos, unha das fotografías elixidas foi a de Eduardo Calviño, que captou un dos camaróns do Aquarium. E destaca no seu titular que, ao contrario do que moita xente cre, a súa cor orixinal está lonxe do que se ve cando se cociñan para o seu consumo.

“Baixo o mar”, de Camilla Bertolini

A outra imaxe elixida na categoría de adultos é a de Camilla Bertolini, que retratou unha fermosa combinación de cores nun dos peixes do Aquarium.

Publicidade

As persoas gañadoras poderán participar, xunto a un acompañante, na actividade de alimentación das focas do Aquarium Finisterrae, e recibirá unha colección de libros de divulgación científica editados polos Museos Científicos Coruñeses.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Jinzi, a nova incorporación do Aquarium Finisterrae para recuperar as crías de foca

A Coruña convértese no fogar dunha foca macho que chega a Galicia despois dun intercambio co Oceanogràphic de Valencia.

Como se ve Galicia dende o ceo? Así era o territorio galego captado por helicópteros nos anos oitenta

A Fundación Barrié e o Ministerio de Defensa reuniron fotografías históricas nun volume de máis de 200 páxinas para amosar a riqueza paisaxística e urbana

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Dúas décadas de Gastón, o tiburón touro que vive na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae

O exemplar, que vive no tanque do acuario da Coruña, é un dos principais reclamos do museo científico herculino desde hai dúas décadas