Domus, Aquarium e Casa das Ciencias abren gratis no Día Internacional dos Museos

Para conmemorar o Día Internacional dos Museos, os tres Museos Científicos Coruñeses celebran unha xornada gratis este xoves 18 de maio desde as 11:00 ata as 19:00 (o Aquarium Finisterrae pecha o acceso ao público ás 18:00).

As persoas que se acheguen a calquera dos tres centros neste día poderán visitar as súas exposicións e participar nas actividades e proxeccións programadas, sen ningún custo.

Publicidade

O Día Internacional dos Museos celébrase en todo o mundo o 18 de maio desde que, en 1977, o Consello Internacional de Museos (International Council of Museums, ICOM), propuxese esta actividade na súa XII Asemblea Xeral celebrada en Moscova.

O obxectivo do Día é achegar os museos á sociedade e o público en xeral, en resposta a un concepto de museo como institución cultural e histórica ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. A resolución do ICOM di: “Os Museos son un importante instrumento para o intercambio cultural, o enriquecemento das culturas e o avance do mutuo entendemento, da cooperación e da paz entre os pobos”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Coruña é a provincia galega con máis mortes por calor en 2026

O Instituto de Saúde Carlos III, a través do MoMo, contabiliza a cifra máis alta na última década, con 231 defuncións estimadas

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

Cando a investigación sae do laboratorio: así funciona a transferencia científica en Galicia

A Xunta identifica o potencial dos xestores de transferencia como ponte entre o académico e o mercado con iniciativas de formación especializada

Unha nova pintura chega á Coruña: a viaxe dunha táboa flamenga recuperada do tráfico de arte

A peza, do século XVI e atribuída a un pintor anónimo, foi localizada en Italia tras ser exportada ilegalmente dende España