Sábado 12 Outubro 2024

“Coñécete a ti mesmo” no Domus

Es un curioso da especie humana? Gustaríate ver como funciona o noso corpo? O museoDomus, a Casa do Home, ofrece todas as respostas que se te poidan ocorrer sobre os humanos. O 7 de abril de 1995 abriu as súas portas no paseo marítimo de Riazor, proclamándose como o primeiro museo interactivo que trata dunha forma global e monográfica ás persoas. O seu lema “Coñécete a ti mesmo” figuraba no Templo de Apolo en Delfos e Platón atribuía este consello aos Sete Sabios de Grecia.

Familia de homínidos e homínidas. Foto: mc2 Coruña
Familia de homínidos e homínidas.
Foto: mc2 Coruña

O principal obxectivo é que, a través das exposicións, sexan descubertas as diferentes características da especie humana. Conta con 1.500 m² adicados ás exposicións, repartidas en case 200 módulos, a maior parte deles interactivos. Unha visita completa recorre as seguintes zonas: Eu (a identidade), Xenética, Evolución Humana, Paixaxes, Reprodución e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición, sentidos do gusto e olfato) o Sistema motor e o Pé. Forma parte da cadea de museos de A Coruña =mc² (Museos Científicos Coruñeses) na que tamén están integrados a Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae.

Publicidade

Alén destas permanentes exposicións, a sala Severo Ochoa adica 300 metros cadrados a exhibición de mostras temporais e conta cun salón de proxeccións en cine de gran formato. Por outra banda, o espazo Leonardo Da Vinci proxecta películas nunha pantalla de 80 m²,  un equipo de 7.000 vatios de luz, 17 altavoces cunha potencia de 4.000 vatios e calidade dixital, dando como resultado una imaxe estable y nítida, ideal para o documental científico.

Indaga se os rasgos dos que tanto presumimos son exclusivos dos humanos e descrubirás que non somos o embigo do mundo. Domus e os investigadores de Atapuerca presentan un novo enfoque da evolución da familia na exposición “Homínidos e Homínidas”. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home Neandertal? Quén foi o primero europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como creemos?

Publicidade

Co paso do tempo, foron introducíndose diferentes novidades. Entre estas atopamos que é iso da inxeñaría xenética, onde responde a inquietude da xente sobre o proxecto Xenoma Humano e as súas aplicacións, e reflexiona sobre o porque do noso parecido aos nosos pais. Descobre o código da vida nas maquetas do ADN na planta baixa do Domus.

Mostra do ADN con guías telefónicas Foto: mc2 Coruña
Mostra do ADN con guías telefónicas
Foto: mc2 Coruña

Podes exercitar a túa cabeza co “ximnasio” mental, encaixando as pezas da intelixencia humana, unha zona onde descubrirás os diferentes tipos de intelixencia, con módulos interactivos que exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro.

O edificio no que está ubicado foi obra do arquitecto xaponés Arata Isozaki e de César Portela. Conta con muros, paredes e escalinata de granito. A fachada que da o paseo marítimo cúrvase como a vela dun barco ao vento. Conta cun reventimento de 6.600 pezas de pizarra dunhas canteiras situadas entre as provincias de Lugo e Ourense, que se sosteñen con case 160.000 parafusos axustados manualmente. Para o encaixe do edificio da canteira excaváronse máis de 30.000 toneladas de pedra.

Datos útiles

Horario
De xaneiro a abril: luns a venres de 10:00 a 18:00 horas; Sábados, Domingos, Festivos e Semana Santa de 11:00 a 19:00 horas.
Maio e xuño: luns a vernes de 10:00 a 19:00 horas; Sábados, Domingos e Festivos de 11:00 a 19:00 horas.
Xullo e agosto: luns a domingo de 10:00 a 20:00 horas.
De setembro a decembro: luns a vernes de 10:00 a 19:00 horas; Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 horas
*O acceso pecha 15 minutos antes

Prezo: 2 euros (público xeral) 1 euros para menores de 14 anos, maiones de 65, Cané Xove, desempregados e familias numerosas.

Cine 3D: 4 euros (público xeral) 2 euros para menos de 14 anos, maiores de 65, Carné Xove, Tarxeta Vente, desempregados e membros de familias numerosos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Duplícase o número de nenos de 5 a 14 anos que non saben falar o galego en cinco anos

A nova Enquisa estrutural a fogares do Instituto Galego de Estatística revela que o castelán xa é máis predominante na comunidade

O ceo galego tínguese de rosa: así foi a nova (e espectacular) aurora boreal

Unha potente tormenta xeomagnética iluminou a noite do xoves cunha cor específica dos fenómenos nos niveis máis altos da ionosfera

A desaparición da ostra salvaxe en Galicia revela a deterioración do leito mariño

Un equipo europeo con participación do IEO de Vigo elabora o rexistro máis completo sobre a antiga extensión da especie bentónica nun estado silvestre

Así chega un furacán convertido en borrasca: radiografía de Kirk e do seu paso por Galicia

O físico Gonzalo Míguez Macho analiza a natureza deste fenómeno meteorolóxico extremo e a súa transformación