Xoves 18 Abril 2024

De Vigo á Patagonia para estudar o transporte de contaminantes ata a Antártida

Investigadores do CSIC e a UVigo partiron no buque Sarmiento de Gamboa para desenvolver unha expedición nas augas do océano Atlántico e Antártico

Desde esta semana e ata mediados de xaneiro, investigadoras e investigadores da Universidade de Vigo, do Instituto de Diagnóstico Ambiental y Estudios del Agua (IDAEA-CSIC) e do Instituto de Química Orgánica General (IQOG-CSIC), en colaboración coa Unidad Tecnológica Marina (UTM-CSIC) participarán nunha expedición no océano Atlántico para estudar e cuantificar as entradas atmosféricas de contaminantes emerxentes e materia orgánica procedente da actividade humana nos océanos Atlántico e Austral, así como o seu impacto no mar.

A expedición, que viaxa a bordo do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa, parte do porto de Vigo e arribará a Punta Arenas, na Patagonia chilena, o 15 de xaneiro de 2021, forma parte do proxecto Antom, “que ten o obxectivo de cuantificar a entrada de contaminantes atmosféricos, principalmente contaminantes orgánicos emerxentes, nos océanos Atlántico e Antártico, así como a súa transformación e efecto na columna de auga a través dos procesos bioquímicos”, explica a docente e investigadora do CIM-UVigo Cristina Sobrino, que xunto ao estudante predoutoral Paulo Alcaraz e o técnico do CIM Antonio Fuentes, conforman a representación da UVigo neste proxecto. Por mor da pandemia as e os participantes na campaña a bordo do buque oceanográfico tiveron que pasar un confinamento de 10 días antes de embarcar en Vigo.

Publicidade

“Se os resultados da investigación”, que axudarán a entender como se transportan os compostos químicos sintéticos e os seus efectos no ecosistema antárticos, “amosan que as achegas de materia orgánica antropoxénica son altas e que teñen un efecto no fitoplancto e as bacterias mariñas, poderían ter un grande impacto no paradigma actual do ciclo mariño do carbono e da perturbación antropoxénica deste ciclo”, explica Jordi Dachs, investigador do IDAEA-CSCIC e responsable da campaña.

Estes coñecementos podería modificar os modelos actuais deste ciclo, clave para entender a regulación da temperatura da Terra e outras cuestións climáticas, ademais de permitir buscar ferramentas para reducir o impacto do ser humano sobre o planeta, cuestión de vital importancia no contextos actual de cambio climático global.

“A Universidade de Vigo encargarase de estudar o efecto dos contaminantes orgánicos sobre o fitoplancto, así como papel deste na transformación deste contaminantes na columna de auga”, explica Cristina Sobrino en relación co traballo específico que desenvolverá o equipo da institución académica viguesa. Cada día, os equipos liderados por Sobrino, polos doutores Jordi Dachs e María Vila-Costa (IDAEA-CSIC) e por Begoña Jiménez (IQOG-CSIC) realizarán mostraxes de aire e auga, tanto da superficie, como de profundidade, así como de plancto, bacterias e outros microorganismos. As mostras recollidas serán enviadas a Vigo e Barcelona para o seu tratamento e análise, mentres as investigadoras e investigadores que participan na expedición estarán en contacto cos seus respectivos centros a través dunha conexión vía satélite reducida, que lle permitirá proporcionar información sobre o progreso da campaña a bordo do Sarmiento de Gamboa, no que tamén se realizarán numerosos experimentos sobre o efecto dos contaminantes nos microbiomas.

Aínda que esta é a primeira vez que levarán a cabo un proxecto polar, a colaboración da UVigo co IDAEA-CSIC e máis concretamente co seu investigador principal Jordi Dachs remóntase ao proxecto Malaspina, no que se levou a cabo a única circunnavegación española recente. “Iso implicou a participación de moitos grupos de investigación de centros diferentes e algúns deles mantivemos a colaboración esta é a primeira vez que imos levar a cabo un proxecto polar”, explica Sobrino.


Podes consultar a noticia do Duvi nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade

Confirmada a presenza de gripe aviaria por primeira vez na Antártida

O virus detectouse en mostras de aves mortas, achadas por científicos arxentinos nas proximidades da base 'Primavera'

Un equipo galego utiliza materiais que respiran CO2 para refrixerar e quentar fogares

O grupo da UDC busca substituír os actuais compoñentes de calefacción, daniños para o medioambiente, por outros máis sostibles e eficientes

Científicos galegos buscan na Antártida procesos naturais que afecten á supervivencia do planeta

Falamos co investigador Mariano Lastra, quen estuda a degradación das algas baixo distintos niveis de radiación e como isto afecta aos nutrientes dispoñibles