Os primeiros meros de acuicultura chegarán ao mercado en 10 anos

O mero será unha especie de acuicultura en menos dunha década. E será grazas as investigacións desenvoltas polo Centro Oceanográfico de Vigo, pertencente ao Instituto Español de Oceanografía, que ata o vindeiro venres día 13 unha reunión de traballo do proxecto europeo DIVERSIFY, que ten por obxectivo desenvolver novos sistemas de cultivo e métodos de procesado e mercadotecnia para novas especies de acuicultura.
Os investigadores de Vigo lideran un dos subproxectos desta ambiciosa iniciativa: o enfocado a lograr o cultivo da cherna ou mero (Polyprion americanus), e durante estes días, todos os integrantes do proxecto reúnense para coordinar as actividades deste ano e formular obxectivos para os vindeiros catro.
En Galicia céntrase a maior parte do traballo sobre o cultivo da cherna ou mero debido ás grandes posibilidades que espertou esta especie entre os acuicultores. Trátase dunha especie de rápido crecemento -pode chegar a crecer da orde de seis quilogramos por ano- e cun alto prezo no mercado.

O mero péscase en caladoiros de Azores pero é unha especie universal

Ademais é unha especie sometida a gran presión polo sector pesqueiro, tanto profesional coma deportivo, e está incluída na lista vermella de especies en perigo de extinción. Practicamente toda a cherna desembarcada nos portos españois procede dos caladoiros das Illas Azores pero a distribución xeográfica desta especie é practicamente universal.
Esta parte do proxecto da cherna ou mero está liderada polo Centro Oceanográfico de Vigo, pertencente ao Instituto Español de Oceanografía e participan nel ademais, a Consellería do Medio Rural e Mariño de la Xunta de Galicia -cos seus centros de CUME (Vilaxoán) e IGAFA (Illa de Arousa)- e o Acuarium Finisterrae do Concello da Coruña.
Este proxecto está tamén apoiado por empresas do sector interesadas no desenvolvemento desta tecnoloxía e o Acuario do Grove, quen tamén colabora nalgunha das tarefas.

Publicidade

“Se todo vai ben, teremos os meros nos mercados nunha década”, di Peleteiro

Ademais participan outras institucións españolas e europeas como son o Hellenic Center for Marine Research, o Instituto Francés de Investigación para a Exploración do Mar, a Universidade de La Laguna, a Universidade de Las Palmas e o Israel Oceanographican Limnological Research.
“Ata o momento os resultados obtidos son esperanzadores e as posibilidades do cultivo desta especie de gran valor comercial son realmente boas”, explica José Benito Peleteiro investigador do Centro Oceanográfico de Vigo e coordinador dos traballos sobre a cherna.
Describiuse o ciclo reprodutivo do mero, desenvolvéronse protocolos de indución hormonal de desova e procedementos de fertilización in vitro. Tamén se formularon axudas para reprodutores e larvas e elaborouse un estudo de mercado sobre o potencial desta especie ao curto e longo prazo, entre outras tarefas.
“Se todo vai ben, en 10 anos poderiamos ter as primeiras chernas de acuicultura nos mercados”, comenta Peleteiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo revela novas claves para anticipar as floracións tóxicas que afectan as rías galegas

Unha tese do IEO-CSIC afonda na bioloxía dunha microalga e nos factores ambientais que condicionan as súas proliferacións

Documentadas por primeira vez en Galicia dúas especies mariñas de augas cálidas

A detección de cinco sardinelas lombudas e un ermitán vermello grande aporta nova evidencia sobre os cambios na distribución de especies no Atlántico

Unha nova investigación identifica os xenes asociados a defectos de pigmentación en rodaballos de cultivo

Un equipo do IIM-CSIC revela unha importante base xenética tras as anomalías e abre novas vías para a mellora dos programas de selección en acuicultura

Vigo rexistra as maiores concentracións de “contaminantes eternos” da costa atlántica peninsular

Un estudo do IEO-CSIC analiza a presenza de PFAS en mostras de moluscos recollidos dende Francia ata o Golfo de Cádiz