Un ‘smiley’ no espazo. Esa é a imaxe que captou o telescopio espacial Hubble das axencias espaciais NASA e ESA. O que se ve en realidade é o cúmulo de galaxias SDSS J1038 + 4849 , que parece estar sorrindo ó estilo do famoso emoticono ‘Smiley’. O que semellan dous ollos son galaxias moi brillantes, mentres que as liñas que debuxan o sorriso son realmente arcos causados por un efecto coñecido lentes gravitacionais fortes. Os cúmulos de galaxias son as estruturas máis masivas do Universo e exercen unha poderosa atracción gravitatoria que deforma o espazo-tempo arredor delas e actúan como lentes cósmicas que poden magnificar, distorsionar e dobrar a luz detrás deles. Este fenómeno pódese explicar pola teoría da relatividade xeral de Einstein. Neste caso especial de lente gravitacional, un anel —coñecido como o anel de Einstein— prodúcese a partir desta curvatura da luz, unha consecuencia da alineación exacta e simétrica da fonte, o lente e o observador e o que resulta na estrutura en forma de anel que vemos aquí, informa a ESA.
O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027
A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo
A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman
Utilizamos cookies para asegurar que damos a mellor experiencia ao usuario no noso sitio web. Se continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acordo.
Tan feito o infinito!
Sempre está ben mirar de tanto en tanto para arriba e tomar exemplo da actitude correcta 🙂