O tiburón branco que apareceu na Coruña, agora en Ribadesella?

Un pescador grava a un exemplar de "Carcharodon carcharias" a 10 millas da costa asturiana; crese que é o mesmo que pasou por Galicia a finais de setembro

A finais de setembro, un home que se encontraba a bordo dunha embarcación na parte interior do dique do porto de Punta Langosteira, en Arteixo, rexistrou unha imaxe sen precedentes: un exemplar de tiburón branco (Carcharodon carcharias) duns cinco metros de lonxitude que supoñía o primeiro rexistro da emblemática especie nesta zona do Atlántico. Menos de 20 días despois, repetiuse un avistamento que é moi pouco frecuente (non había citas confirmadas con tanta claridade coma estas nesta zona do norte da península ibérica): un pescador que se atopaba a 10 millas da costa de Ribadesella rexistrou este sábado 16 outro xigante branco.

O diario El Comercio, que entrevistou ao pescador, recolle o seu relato. “Cando me pasou por baixo xa vin que non era un marraxo; era gris por riba e branco por baixo, impresionante”, conta Juan Carlos González, que destaca como o animal chegou a bater co casco da embarcación.

Publicidade

Expertos consultados polo mesmo xornal contemplan a posibilidade de que se trate do mesmo animal avistado no porto exterior da Coruña. O presidente da Coordinadora para el Estudio y la Protección de las Especies Marinas (Cepesma), Luis Laria, cre que é “case seguro” que o animal que navegou por augas galegas continuase o seu periplo ata ser avistado no oriente asturiano. Pola súa parte, o director do Centro Oceanográfico de Gijón, Rafael González-Quirós, lembra que os únicos rexistros son o da Coruña e outro realizado anos atrás no Mediterráneo.

Estas son as primeiras imaxes dun tiburón branco en Galicia

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o grisú, o gas que está detrás da traxedia na mina de Asturias

O gas que libera o carbón é un dos maiores perigos aos que se enfrontan os mineiros por ser altamente inflamable e pola súa capacidade para quitarlles o osíxeno dentro das galerías

Un verme invasor devora mexillóns e ameixas en Asturias: as posibilidades de que chegue a Galicia

A especie, orixinaria de Nova Zelandia e identificada por primeira vez en Europa, pode supoñer unha seria ameaza para especies con valor comercial

Radiografía da nova avespa xigante que apareceu en Asturias: xa está en Galicia?

Un equipo da Universidade de Oviedo detecta catro exemplares en Siero. Trátase do primeiro rexistro desta especie en Europa

“O noso futuro depende do tiburón”: subimos no buque que busca ao gran branco en Galicia

A ONG dá comezo á súa primeira campaña na costa este do Atlántico para coñecer a vulnerabilidade deste extraordinario animal