Os osos pardos tamén son fotoxénicos

Zack Clothier gaña o premio Wildlife Photographer of the Year do Museo de Historia Natural de Londres por unha imaxe nun bosque de Montana

Insólito. Un oso pardo mira directamente á cámara, talvez preguntándose que fai un aparello tan curioso no medio do bosque. O que máis chama a atención é a escena situada ás súas costas: un cadáver de alce medio cuberto pola neve. Así é a instantánea que sacou Zack Clothier, un fotógrafo estadounidense que acaba de ser galardoado co Wildlife Photographer of the Year do Museo de Historia Natural de Londres na categoría “Animals in their Environment” por unha impactante imaxe dun oso pardo.

Clothier colocou a cámara no inverno do 2019-2020 nun bosque próximo á súa casa en Montana. O aparello quedou alí durante dous meses, posto que funciona a través dun sensor que, ao detectar movemento, captura as imaxes. Cando o fotógrafo volveu a ese lugar, o aparello estaba no chan, rabuñado e con babas do oso. Segundo se pensa, o sensor debeu disparar a cámara no momento no que o animal estaba atacando e comendo o alce. E logo, ao facer ruído, o oso asustouse e atacou tamén o aparello. Mais seguiu funcionando e iso permitiu recuperar a última foto: a gañadora do certame, titulada “Grizzly Leftlovers”.

Publicidade

O fotógrafo, Zack Clothier, está especializado en fotografía de natureza, paisaxes e vida silvestre no oeste americano. O seu traballo apareceu en diversas campañas publicitarias, publicacións e exposicións de todo o mundo. Así o describen na páxina do Museo de Historia Natural de Londres que, un ano máis, premia ás fotografías que mellor saben capturar a natureza. Sen trampa nin cartón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O declive de árbores que producen froitos secos ameaza a supervivencia do oso pardo

O profesor da USC Emilio Díaz Varela asina un estudo que combina modelos de distribución de especies con proxeccións climáticas ata o ano 2100

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

O avistamento dun oso pardo nos Ancares constata a recuperación da especie en Galicia

Un veciño de Vilarelle, en Cervantes, consegue gravar un vídeo dun exemplar paseando pola serra

A Academia de Ciencias e a USC convocan o IX concurso ‘A ciencia en imaxe’

O prazo de entrega remata o 6 de novembro e pódense presentar os centros de ensino medio de Galicia e a comunidade universitaria de Santiago