O CSIC producirá desde Vigo alimentos mariños sostibles

O proxecto Seafood Age, coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas, abranguerá toda a cadea de produción para garantizar a calidade e seguridade

Un proxecto europeo coordinado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolverá un alimento de orixe mariña sustentable para lograr un envellecemento saudable. Co nome de Seafood Age, este proxecto abarcará toda a cadea de valor alimentaria, desde a pesca ata o envasado e a etiquetaxe do produto.

O estudo utilizará descartes da pesca, algas e outros ingredientes obtidos a partir deles para elaborar un produto alimentario listo para o consumo. Os socios do proxecto, financiado polo  programa europeo Interreg Atlantic Area con dous millóns de euros, reuníronse este martes no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo para presentalo.

Publicidade

“O envellecemento da poboación supón un gran reto socio-económico, e para que sexa saudable require unha dieta adecuada”, explica a investigadora do CSIC Eva Balsa-Canto, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. “Os alimentos mariños ofrecen nutrientes esenciais para unha dieta saudable, pero non sempre son accesibles”, engade.

“O proxecto Seafood Age adoptará a economía circular para elaborar alimentos mariños orientados a un envellecemento saudable, para producir novos eco-envases e xerar unha etiquetaxe intelixente para lograr unha máxima calidade e seguridade, e unha mínima perdade alimentos”, detalla a investigadora.

Publicidade

A iniciativa conta coa participación de 14 socios e 6 asociados, de varios países: España, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De residuo da pesca á rexeneración ósea: un estudo galego revela o potencial do coláxeno mariño

O traballo, liderado dende a USC, apunta á biocompatibilidade de restos de peixe e esponxas e ao seu potencial como alternativa ás variantes de orixe mamífera

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé