O buque Ángeles Alvariño, a investigar os fondos mariños de Galicia

Científicos do IEO parten nesta campaña na que se empregarán robots que permitirán gravar a profundidades de 800 metros

Durante 15 días, científicos do IEO percorrerán todo o litoral do Cantábrico e Galicia para levar a cabo a primeira campaña oceanográfica que se realiza na zona no marco do programa Estratexias Mariñas e que permitirá realizar un seguimento anual do estado dos ecosistemas nos fondos rochosos a partir de 75 metros.

A campaña enmárcase no proxecto ESMARES, o programa de seguimento do IEO que servirá para dar cumprimento ao Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña e que supón un esforzo científico sen precedente con máis de 25 campañas de investigación oceanográfica e campañas de observación mediante mergullo científico planificadas para o 2021 e que supoñen un investimento de 3,3 millóns de euros en infraestruturas e contratación de novos científicos.

Publicidade

O desenvolvemento deste programa de seguimento estandarizado permitirá estudar a evolución dos hábitats nas diferentes rexións españolas. Isto implica ter, por unha banda, un coñecemento profundo da distribución espacial dos hábitats, así como do seu estado de conservación e, doutra banda, coñecer o impacto de actividades como a pesca ou ameazas como o cambio climático sobre os mesmos. “A análise dos impactos sobre os hábitats vulnerables é esencial para o deseño de medidas de xestión enfocadas na súa protección, tratando de harmonizar a conservación dos ecosistemas mariños cos efectos sobre as actividades económicas que se desenvolven na zona”, explica Alberto Serrano, investigador do IEO e xefe da campaña.

O deseño da presente campaña, denominada CIRCAROCK 0521, apóiase no escaso coñecemento previo dos hábitats da zona. A información destes fondos na actualidade é escasa, dispersa e limitada principalmente a determinadas zonas, principalmente áreas mariñas protexidas que foron obxecto de estudo no marco doutros proxectos. “O obxectivo da campaña é contribuír a reducir o gran descoñecemento que na actualidade existe sobre os hábitats e comunidades presentes nos fondos rochosos profundos e non tan profundos, aínda que inalcanzables con técnicas normais de mergullo”, sinala Serrano.

Publicidade

Para cumprir estes obxectivos, os científicos utilizarán tecnoloxía de vangarda, incluíndo o uso dun vehículo submarino controlado remotamente desde o barco, o LIROPUS 2000, así como un trebello fotogramétrico, o TASIFE 2013. As características de ambas as ferramentas de mostraxe permitirán ao equipo científico estudar profundidades de ata 800 metros, gravando hábitats nunca explorados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía