O antepasado da pescada viviu en Groenlandia hai 30 millóns de anos

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo, xunto coa Universidade de Vigo, trazan a historia evolutiva da especie ancestral de Merluccius

A historia da pescada é unha viaxe evolutiva que nos leva a un antepasado común a todas as súas variedades, que era un peixe que vivía hai 30 millóns de anos no que hoxe sería o mar en Groenlandia. Científicos do IEO, en colaboración coa Universidade de Vigo, a Universidade Autónoma de Barcelona e o Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona ( ICM-CSIC), levaron a cabo unha análise xenética de 1.205 exemplares de pescadas de todo o mundo que lles permitiu reconstruír a historia evolutiva deste xénero de peces e suxire a orixe híbrida de varios morfotipos raros.

Os fósiles de pescada máis antigos datan do oligoceno medio, fai uns 30 millóns de anos, cando empezaron a aparecer ecosistemas parecidos aos actuais. As análises xenéticas sinalan que a pescada norteamericana (Merluccius bilinearis) é a máis antiga do xénero. Esta debeu estenderse desde Groenlandia cara ao sur, a través dun océano Atlántico aínda incipiente, ata alcanzar o océano Pacífico.

Publicidade

A historia evolutiva da pescada, reflectida no artigo científico.

A especie ancestral de Merluccius dividiuse en dúas grandes liñaxes denominados no estudo como vello e novo mundo, que se formaron por mor da expansión xeolóxica do océano Atlántico. Eventos xeolóxicos posteriores, como o peche da vía marítima de Panamá fai 3,5 millóns de anos, actuaron como barreira xeográfica entre as dúas liñaxes e favoreceron a especiación.

Este novo traballo, publicado na revista Scientific Reports, suxire unha orixe común para os 14 especímenes representantes de nove morfotipos de pescada raros do Pacífico Sur e o Atlántico Sur.

Publicidade

“Semella que a hibridación é recorrente en rexións adxacentes e de superposición polo que aínda poden atoparse novos morfotipos raros”, explica Montse Pérez, investigadora do Centro Oceanográfico de Vigo e primeira autora do traballo. “É un fito conseguir esta información a partir de mostras fixadas de museo, aínda que aínda existen lagoas de coñecemento na taxonomía da pescada”, conclúe a científica.

Referencia: Pérez, M., Fernández-Míguez, M., Matallanas, J. et al. Phylogenetic prospecting for cryptic species of the genus Merluccius (Actinopterygii: Merlucciidae). Sci Rep 11, 5929 (2021)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie

As microfibras son o principal microplástico detectado en bivalvos mariños

Un estudo do IEO de Vigo sinala que as febras azuis son as máis frecuentes e alerta de que as de celulosa rexenerada poden ter riscos comparables aos das sintéticas

Detectan en Galicia dous novos rexistros de peixe bóla asociados á tropicalización do océano

Un estudo liderado polo Centro Oceanográfico de Vigo confirma a aparición de dúas especies pouco frecuentes nas augas do sur galego

Un estudo asocia o aumento da temperatura do mar coa expansión cara ao norte da desova da xarda

A investigación ofrece unha base científica para mellorar a avaliación das poboacións, identificar hábitats esenciais e tomar decisións na xestión pesqueira