Isto é un ‘mar cruzado’, un fenómeno sorprendente e perigoso

A ecuación de Kadomtsev-Petviashvili pode explicar este taboleiro de xadrez que forman as ondas

Que o mar pode ser perigoso é algo que por desgraza sabemos ben en Galicia. Pero o fenómeno do ‘mar cruzado‘ é algo que ninguén querería vivir de preto, xa que supón situarse entre ondas opostas.

Este raro patrón do mar formando unha cuadrícula é un espectáculo fermoso, que pode aparecer e reaparecer en minutos, pero tamén é extremadamente perigoso.

Publicidade

O fenómeno é máis común en augas pouco profundas, como os da illa francesa de Rhé, onde foi tomada esta foto, aínda que poden xurdir en moitas rexións costeiras de todo o mundo.

O mar cruzado en acción.

Provocado por dous patróns de onda que se desprazan en “ángulos oblicuos” pola forza do vento que provoca este taboleiro de xadrez.

Publicidade

Os físicos e matemáticos considérano un exemplo da ecuación de Kadomtsev-Petviashvili, que é unha ecuación diferencial parcial que describe o movemento das ondas non lineais e utilízase para explicar os sistemas meteorolóxicos que interactúan.

Polo xeral, os mares cruzados están asociados con mareas fortes e poderosas, e poden poñer aos humanos nun lugar moi delicado, como se exemplifica na aterradora imaxe de abaixo.

Un exemplo do perigoso mar cruzado.

As potentes correntes oceánicas que xeran estas ondas impredicibles e inusualmente altas, por riba dos tres metros de altura, poden envorcar grandes botes e son sospeitosos de moitos naufraxios históricos.

3 COMENTÁRIOS

  1. graciñas pola labor divulgadora que facedes en galego, e ánimo pra intentar evitar grallas tan obvias como “ejemplifica”

  2. Si non me equivoco a imaxe ė da illa de ré en Francia. Os cadrados que se ven non son por o tipo de mar senon as construccións sumerxidas para a cría de ostras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que é o norovirus? A enfermidade detrás dunha morte nun cruceiro en Burdeos e o illamento de 1.700 persoas

As autoridades francesas investigan un posible gromo tras detectar varios casos con síntomas, como vómitos, diarrea e dor abdominal

Activada a alerta vermella na costa da Coruña por ondas de ata 9 metros

O aviso por perigo extraordinario da AEMET estará vixente durante mércores e xoves, con forte mar de fondo e ventos intensos

O fume dos incendios galegos chega a Francia

As imaxes satelitais de Eumestat revelan a extensión da nube provocada polos lumes de Galicia, con elevadas emisións de CO₂ e efectos sobre a saúde e o medio ambiente

Así asubían os arroaces nas Rías Baixas para organizarse en grupo e orientarse nas augas

Un estudo recolleu durante 15 anos os sons dos Tursiops Truncatus para comparar as diferenzas nas interaccións entre Galicia e Sardeña