Científicos do IEO investigan a presenza de toxina paralizante nas rías de Vigo e Pontevedra

O equipo que traballa no proxecto Remedios estuda desde o pasado 29 de xuño este fenómeno a bordo do buque "Ramón Margalef"

Científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO), en colaboración con investigadores do Ifremer de Brest (Francia) e o Instituto de Oceanografía Scripps (California, Estados Unidos) desenvolven desde o pasado 29 de xuño a campaña Remedios 2018 a bordo do buque Ramón Margalef, que partiu do porto de Vigo. Ata o 18 deste mes, desenvolverán investigacións nas rías de Pontevedra e Vigo sobre a relación da aparición de toxina en algas coas propiedades físicas das augas.

Enrique Noguera, investigador do IEO e xefe da campaña, explica que as precipitacións de xuño obrigaron a reformular o obxectivo da investigación. “Ía ser unha campaña enfocada ás proliferacións de Dinophysis (toxina diarreica) e de Pseudo‐nitzschia (toxina amnésica), pero a meteoroloxía é caprichosa. As chuvias deron lugar a un fenómeno pouco frecuente: a proliferación de Alexandrium minutum (toxina paralizante), normalmente confinada na badía de Baiona, na Ría de Vigo, dando lugar á formación dunha chamativa marea vermella no entorno da praia de Samil, e acadando concentracións elevadas na Ría de Pontevedra”.

Publicidade

Un dos aparellos de medición empregados na campaña Remedios. Fonte: IEO.
Un dos aparellos de medición empregados na campaña Remedios. Fonte: IEO.

A investigación enmárcase no proxecto Remedios, que ten por obxectivo estudar os procesos hidrodinámicos de micro-escala que afectan a aparición de algas tóxicas nas Rías Baixas. Estes procesos determinan que estes organismos acaben agregándose en capas finas de un a tres metros de espesor, que actúan como unha “alfombra tóxica“, contaminando os mexillóns das bateas en diferentes graos, dependendo da profundidade á que se formen.

Ata hai uns anos, explican desde o IEO, era imposible medir con precisión estes procesos hidrodinámicos, pero os avances tecnolóxicos das dúas últimas décadas permitiron o desenvolvemento de instrumentos de alta resolución vertical para medir as propiedades físicas da auga do mar e a velocidade e dirección das correntes de auga. Aparellos que realizan mostraxes de turbulencia, escala fina ou sondaxes multiparamétricas están sendo empregados nesta campaña Remedios.

Publicidade

Remedios, unha iniciativa multidisciplinar financiada polo programa estatal de I+D+i “Retos da sociedade”, combina información relativa ás condicións meteorolóxicas, as observacións das condicións físicas do mar a escalas de metros e as análises no laboratorio para deseñar modelos que axuden a predicir con maior precisión as distintas etapas dos episodios de presenza de algas tóxicas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Este é o Google Maps do universo que permite explorar o espazo en 3D

A aplicación achega información sobre a localización de cada corpo celeste e datos complementarios distribuídos en nove categorías

Unha fronte fría deixará 24 horas de choiva en Galicia e un decenso térmico de ata 8 graos

As primeiras precipitacións virán a partir das 11 horas da mañá do martes, con acumulados que superarán os 40 litros por metro cadrado nas rexións do norte

Avance galego fronte ao glioblastoma: unha radioterapia combate o tumor e protexe o cerebro san

Unha investigación da USC en fase preclínica preserva mecanismos esenciais relacionados coa función neuronal no órgano saudable

Benvida ás candorcas

Hai dúas normas principais: non atacar e conservar a estes cetáceos son medidas fundamentais para mellorar a súa supervivencia. Por Andrea Veiga