As fibras e as láminas de pintura son os microplásticos máis comúns na ría de Vigo

Un estudo do IEO destaca a "alta variabilidade estacional" dos contaminantes no esteiro e aborda por primeira vez as diversas características destes plásticos

Detalle de microplásticos atopados no estudo. Foto: IEO.
Detalle de microplásticos atopados no estudo. Foto: IEO.

Un equipo de científicos do Centro Oceanográfico de Vigo composto por Olga Carretero, Jesús Gago, Ana Filgueiras e Lucía Viñas abordou por primeira vez a presenza dos micro e mesoplásticos na ría de Vigo en función da súa concentración, ciclo anual, tamaño, forma e composición polimérica. O traballo, que publica a revista Science of the Total Environment, constata igualmente a notable variabilidade estacional dos contaminantes, entre os que destacan as fibras e as láminas de pintura.

É ben coñecida a problemática do lixo mariño como problema ambiental emerxente. Son contaminantes ubicuos, que aparecen tanto nas augas superficiais como nas zonas abisais, no ecuador ou nos polos. As estimacións falan de que entre 4,8 e 12,7 toneladas métricas de plásticos ingresan no océano todos os anos, o que abrangue ata o 80% dos refugallos mariños.

O traballo dos investigadores do IEO achégase á situación dos micro e mesoplásticos, cunh tamaño menor a 25 milímetros. A ría de Vigo destaca pola importante industria relacionada coas actividades mariñas (pesca, cultivo de moluscos, estaleiros e turismo). Deste xeito, seleccionáronse tres puntos de mostraxe ao longo do eixo transversal da ría e analizáronse mensualmente durante un ano.

Colleitáronse mostras de auga de mar utilizando unha rede de arrastre de manta e, no laboratorio, utilizáronse diferentes técnicas espectrofotométricas para determinar o tipo de polímero de cada plástico. Ademais, nos mesmos puntos de mostraxe utilizáronse outro tipo de redes para recoller e estudar o zooplancton e poder analizar a súa relación coa presenza de plásticos.

En total realizáronse 32 mostraxes nos que se identificaron 854 partículas de plástico, o que supuxo unha concentración media de 25 partículas en cada quilómetro cadrado. Oito de cada dez destas partículas resultaron ser microplásticos (menos de 5 mm de tamaño) e dous de cada dez mesoplástcios (entre 5 e 25 mm).

Ao redor do 30% dos plásticos analizados foron polietileno (PET), o 19% acrilatos, o 18% polipropileno (PP) e o 10% poliestireno (PS). As formas principais dos micro e mesoplásticos foron fibras seguidas de láminas de pintura, sendo o negro a cor principal en ambos os casos.

Os resultados mostraron unha alta variabilidade estacional nas concentracións, “algo que debería terse en conta nun programa de seguimento futuro”, explica Olga Carretero, autora principal do traballo.


Referencia: The seasonal cycle of micro and meso-plastics in surface waters in a coastal environment (Ría de Vigo, NW Spain) (Publicado en Science of the Total Environment).

4 COMENTÁRIOS

  1. Hola Gamela,
    Gracias por sus aclaraciones,
    En algunas cosas puedo coincidir con usted, en otras no,
    Por desgracia a los científicos poco caso se nos hace cuando se trata de estudios medioambientales, como ejemplo el Mar Menor, nuestros compañeros del IEO-Murcia llevan años alertando de su estado y posible colapso, que ha pasado? creo que todos sabemos el resultado de esta triste historia
    Saludos

  2. 25 partículas por Km non parece un resultado preocupante…

    Pero ninguén investiga os niveis de contaminación por augas fecais e demáis residuos orgánicos na Ría de Vigo especialmente logo da inauguración da EDAR do Lagares e o seu emisario submariño de 3 Km…

    Levamos tempo buscando algunha Institución que precise cales son os niveis de depuración desta macrodepuradora, pero ninguén informa do asunto, semella ser un Secreto de Estado ?

    A ciencia está ben cando investiga o que debe e cando debe, non cando está ao servizo do poder de turno !

    Non sei se morreremos por microplásticos pero seguro que antes o facemos por unha sepsis bacteriana…

    • Estimado Gamela,
      Como coautor del trabajo le invito a que lo lea y me envíe sus comentarios (en el aparecen mis datos profesionales no me escondo detrás de ningún alias)
      Nuestro trabajo se centra en la disciplina científica que dominamos, los microplásticos por ello no estudiamos bacterias ni otros aspectos que podrían ser interesantes, sin lugar a dudas,
      En cuanto a su comentario;
      “A ciencia está ben cando investiga o que debe e cando debe, non cando está ao servizo do poder de turno !”
      Nosotros investigamos lo que se financia a traves de convocatorias públicas evaluadas por revisores externos, no sé si usted quiere poner en duda nuestra independencia, pero como investigadores no estamos al servicio de ningún poder, estamos al servicio de la sociedad y por ello hacemos estas notas de prensa informando de los trabajos que hacemos. Los tiempos de la dictadura ya han pasado.

      • Sólo digo que después de un año buscando microplásticos en la Ría de Vigo esas Convocatorias que financian estos proyectos bien podrían establecer líneas de investigación MÁS AMBICIOSAS e interdisciplinares para que los RESULTADOS fuesen más interesantes para la salud y bienestar de la ciudadanía.

        Al fin y al cabo la Ciencia está al servicio de quiénes la financian con sus impuestos. No creo que sea cuestión de apelar a los tiempos de la Dictadura para seguir OCULTANDO los niveles de depuración real de la EDAR del Lagares (?)

        O quizás sí seguimos en épocas anteriores, cuando se trata de mantener ocultos los datos para hacer posible que empresas constructoras como OHL se lleven la parte del león y a los investigadores les quede la parte del ratón para no poder llegar a conclusiones reveladoras sobre la situación real del problema medioambiental.

        Más allá del vídeo que no está actualizado en los textos de esta fotodenuncia existen suficientes indicios de cómo se OCULTAN deliberadamente los DATOS de los niveles de contaminación de la Ría de Vigo : https://flic.kr/p/QpAGAj

        Al fin y al cabo todos estamos al servicio de la sociedad en la que vivimos, Investigadores Incluídos, of course ! Los delincuentes siempre van por libre desgraciadamente !

        Confío haberme explicado con claridad, no censuro su trabajo investigador, sino cierta política investigadora que casi siempre suele matar pulgas a cañonazos… Saludos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.