Científicas italianas estudan en Santiago os virus dos peixes

O Instituto de Acuicultura da USC recibe durante unha semana a visita de dúas investigadoras italianas do grupo de Viroloxía do Laboratorio de Referencia para as Enfermidades de Peixes en Italia. As investigadoras do Istituto Zooprofilattico Sperimentale delle Venezie Ana Toffan e Valentina Panzarin aprenderán, baixo a dirección dos investigadores do centro compostelán Carlos Pereira Dopazo e Isabel Bandín Matos, determinadas estratexias para o estudo da replicación de virus de peixes.

O obxectivo final desta colaboración entre as entidades galegas e italianas será o deseño de vacinas antivirais efectivas en peixes, e forma parte do proxecto europeo NOVIMARK ‘Identification of virulence markers in two loss-making Novirhabovirus is the key to improve diagnostic and strategic management in farmed rainbow trout’, da convocatoria Era-Net ANIHWA, do que ambos os Institutos forman parte.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos