Rápido: elixe unha das cores que aparecen na foto. A que máis che guste, non o penses moito. Agora elixe un número entre cero e nove. Tes xa un número e unha cor?
Moi ben, agora relaxémonos, por exemplo vendo esta foto dun can bocexando…
E pasemos aos resultados. Se tivésemos que apostar, diríamos que elixiches azul e sete. Poida que non sexa así, pero un impresionante número de persoas ten ese número e esa cor como os seus favoritos, algo que sempre asombrou aos científicos.
Estudo tras estudo desde a década de 1970 demostraron que as persoas de todas as culturas tenden a preferir desproporcionadamente azul e sete cando se lles pide que escollan ao azar. O vermello tende a ser unha segunda cor favorita, así como o branco no leste de Asia. Cando as persoas non elixen sete, aínda tenden a ir cun número impar, como un, tres ou cinco.
O matemático Alex Bellos fixo unha grande enquisa en Internet para o xornal británico The Guardian. O 9,7% votou por este número. Seguían o 3 (7,5%) e o 9 (6,7%). A enquisa non incluía só os números do 1 ao 10: o sétimo máis votado foi o 13 (5%).
O sete repítese como o número favorito en todas as culturas, seguido doutros números impares
Non hai unha boa explicación universal de por que exactamente as persoas tenden a elixir estas cores e uns números sobre outros. Pero os investigadores teñen algunhas conxecturas. Nunha revisión de 2015 da literatura dispoñible sobre o fenómeno azul-sete, a xaponesa Miho Saito sinalou que sete é un número da sorte en moitas culturas, e o azul é raramente tabú.
Saito escribe que as persoas tenden a explicar as súas cores e números favoritos como “agradables”, “belos” e “brillantes”.
E por que sempre eliximos o número 7 como o noso favorito? De feito, é un número presente na literatura e na arte, dende os Sete Magníficos aos Sete Ananiños de Brancaneves. “O sete debe o seu éxito na cultura mundial desde a Antigüidade ás súas excepcionais propiedades aritméticas”, explicaba o propio matemático Alex Bellos no seu artigo para The Guardian. E é que por exemplo, os números 1, 2, 3, 4 e 5 poden duplicarse a si mesmos e dar un número de entre o 1 ao 10; os números 6, 8 e 10, poden reducirse á metade dentro deste intervalo e mesmo o número 9 pode dividirse 3 veces. No caso do 7, é o único que non pode ter ningunha destas combinacións.
Sexa como sexa, podes facer a proba. Pero existe un número desproporcionado de persoas que prefiren o azul e o sete. E os científicos seguen a preguntarse por que…
Aquí podes ler dous estudos científicos sobre o azul e o sete:
Amarelo e 6. A miña cor favorita é o azul celeste, efectivamente, aínda que nesta ocasión elexín o amarelo pq era o máis visible e vexo mal. Asocio o azul a ceo e liberdade, e pode que áluz e a claridade. O 6 non sei porqué o elexín. De escoller un n, sería o 10, os impares non me gistan, non sei porqué, salvo o 5 que é moi redondiño e está no medio