O Centro Oceanográfico de Vigo cumpre 100 anos

Instalacións do Centro Oceanográfico de Vigo (IEO) en Cabo Estai.
Instalacións do Centro Oceanográfico de Vigo (IEO) en Cabo Estai.

Este sábado 2 de setembro de 2017 cúmprense 100 anos da inauguración oficial do primeiro laboratorio do Centro Oceanográfico de Vigo. Un día como o de hoxe, pero de 1917, o acto estivo presidido polo ilustre científico Odón de Buen, un dos pioneiros da oceanografía europea e fundador do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Dende aquela o Centro Oceanográfico de Vigo realizou o seu labor científico e tecnolóxico e actualmente é unha potencia recoñecida internacionalmente en oceanografía e ciencias do mar, medio mariño e acuicultura. Ademais, realiza importantes tarefas tecnolóxicas, de control e tamén de apoio á frota pesqueira. É a instalación con máis persoal do IEO e un dos seus principais activos.

Xa no Real Decreto do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes polo que se creaba o Instituto Español de Oceanografía o 17 de abril de 1914, proxectouse a construción do Centro Oceanográfico de Vigo. Dous anos máis tarde, o Concello de Vigo solicitou o seu cumprimento e o Estado consignou nos seus orzamentos 100.000 pesetas para a súa construción e “atender os gastos das investigacións oceanográficas como base da conservación e fomento da riqueza pesqueira das nosas costas“. Boa parte deste interese da cidade de Vigo pola oceanografía procedía dalgúns episodios de escaseza de sardiña, que preocupaban aos armadores deste porto e a poderosa industria conserveira radicada na ría viguesa.

O obxectivo era conservar ‘a riqueza pesqueira das nosas costas’

O acto de inauguración tivo moita transcendencia na cidade e a este asistiron Odón de Buen, fundador do Instituto Español de Oceanografía; membros ilustres da Comisión Oceanográfica e autoridades como o gobernador civil, o alcalde ou o almirante da escuadra.

O Laboratorio instalouse provisionalmente no pavillón da Sociedade de Salvamento de Náufragos, que estaba situado no porto de Vigo, ocupando un amplo salón no que había unha sección de química, outra sección moi completa de aparellos para toma de mostras de fondos, plancto e auga, e un pequeno museo de animais capturados.

Nomeouse responsable do Laboratorio Oceanográfico de Vigo a Fernando de Buen y Lozano, doutor en Ciencias Naturais que, naquel momento, con 22 anos, xa era subdirector do Laboratorio de Oceanografía de San Sebastián e director do Laboratorio Oceanográfico de Madrid.

Conmemoración de Centenario
O vindeiro 28 de setembro terá lugar o acto oficial de conmemoración do Centenario, que se realizará no Auditorio da sede Afundación de Vigo ás 18:30 h. O mesmo estará presidido por Carmen Vela Olmo, secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación e presidenta do Instituto Español de Oceanografía, contando coa presenza de representantes de todos os eidos institucionais, universitarios, culturais e intelectuais, xunto aos amigos e colaboradores do IEO. Ademais recoñecerase o importante labor levado a cabo por todo o persoal do Centro, polo que se convidará tanto ao que actualmente está en activo como todos aqueles que se xubilaron.

1 comentario

  1. Era necesario hacer unos edificios tan espantosos y en un sitio tan maravillosos ? no podrian haberlo ubicado , no se, a 500 metros de ese bellísimo acantilado ? recuerdo ir a jugar alli y como molestaba ,a la vista, ese engendro. No hablo de su utilidad, que , supongo, la tendrá, si no de su ubicación. Ademas, sino recuerdo mal, antes (hace mas de 30-35 años) era un edificio mas pequeño (inmensamente feo, como casi todo lo que se construye en Vigo , sobre todo edificios oficiales)pero. incomprensiblemente , a posteriori se amplió hasta completar ese espanto estético. Por mi, una bomba (previa evacuación, claro), otra para el edificio de Toralla; y ya puestos, alguna mas para el hotel Bahia de Vigo, el edificio del Concello , los tres bancos del centro de la ciudad, y una 30-50% de edificios de Vigo. Salud…un esteta

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.