O científico Bruno Díaz descobre a “personalidade propia” dos arroaces

O galego, director do instituto BDRI do Grove, publica un artigo no que describe os comportamentos do "Tursiops truncatus"

Hai golfiños máis tímidos e máis afoutos? Poden desenvolver unha “personalidade definida”, como o fan os humanos e outros animais? Para Bruno Díaz López, biólogo galego e director do Instituto para a investigación dos arroaces (BDRI), con base no Grove, a resposta é afirmativa. Díaz acaba de publicar na revista Animal Behaviour un artigo que supón “un dos fitos da miña carreira“, e no que descobre como os arroaces (Tursiops truncatus) poden desenvolver unha personalidade propia que se manifesta a través da observación dos individuos ao longo do tempo.

O traballo de campo de Bruno Díaz realizouse no golfo de Aranci, ao nordeste da illa de Sardeña, en Italia, a partir de grupos que foron seguidos entre 2004 e 2013 e posteriormente analizados para estudar as súas distintas reaccións. Esta é unha zona cunha alta interactividade entre arroaces e actividades turísticas e pesqueiras. O traballo estuda os compartamentos de 24 arroaces adultos, 13 femias e 11 machos, que foron observados máis de 1.000 veces.

Publicidade

Bruno Díaz, director do BDRI.
Bruno Díaz, director do BDRI.

Segundo expón no artigo, “preséntase por primeira vez diferencias individuais consistentes na resposta de comportamento ante un feito novo” nos arroaces salvaxes, así como novas evidencias dun “vínculo fenotípico entre a ‘ousadía’ e a sociabilidade nesta especie”, xa que a través do uso de distintos factores de control, constatouse que os patróns de asociación varían en función da personalidade de cada individuo. Ademais, segundo sostén Díaz, “é a primeira evidencia dun vínculo entre a personalizade e a organización social en cetáceos”.

O artigo, segundo salienta o investigador, está a acadar relevancia internacional, sendo recollido por medios como National Geographic. En declaracións a este medio, o investigador Orr Spiegel, da Universidade de Tel Aviv e experto en ecoloxía do comportamento, salienta que “este estudo debería ser aplaudido por demostrar estes vínculos na vida real, onde recoller os datos é realmente complicado”.

Publicidade

No traballo, o biólogo galego tamén conclúe que “o estudo achega a visión de como unha rede social está estruturada pola personalidade nunha poboación de mamíferos salvaxes que vive nunha sociedade de ‘fisión-fusión’ e, por tanto, como a personalidade podería ter imacto potencial na súa actitude”.

A lectura destes achados desde o punto de vista da conservación fai preciso, segundo explica o artigo, que os arroaces intrépidos poden afrontar un risco máis alto de lesións ou morte debido á interacción coas actividades humanas que os individuos máis tímidos, aínda que ao mesmo tempo, os animais máis tímidos poden experimentar un maior estrés debido ás actividades humanas.

Así, os individuos máis audaces tiveron, segundo os achados de Díaz, “un papel central na rede social, con asociación máis fortes cós tímidos”, o que suxire que os primeiros poden desenvolver un papel importante na cohesión e estabilidade do grupo e a difusión de información a través da rede social”.


Referencia: When personality matters: personality and social structure in wild bottlenose dolphins, Tursiops truncatus (Publicado en Animal Behaviour).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como funciona a amizade entre arroaces? Así é como as bateas moldean a súa vida social nas Rías Baixas

O biólogo galego Bruno Díaz revela que as preferencias alimentarias condicionan a formación de vínculos entre cetáceos

Case a metade dos cetáceos de augas profundas inxiren macrolixo no noroeste ibérico

A CEMMA participa nun estudo que documenta que aproximadamente o 30% dos exemplares acaba falecendo a causa de lesións dixestivas

Da Guarda á Ría de Arousa: Ladeira e Ladiña, os arroaces que percorren as Rías Baixas

A femia adulta, que navega cunha filla, precisa manterse na superficie parada, durante horas, o que impide que siga a manda

A culpa é do atún vermello: as claves da chegada das candorcas as rías galegas

A poboación da especie que pasa polo litoral non excede dos 50 individuos en ruta entre Xibraltar e o Golfo de Biscaia