A web que converte o teu retrato nun cadro de museo

Foi creada por un programador xaponés e usa intelixencia artificial para variar entre diferentes estilos pictóricos dende unha foto real

A Intelixencia Artificial (IA) avanza a gran velocidade no recoñecemento de rostros e o tratamento das súas imaxes. Se a aplicación Face App sorprendeu a todos o pasado verán, tratando as nosas fotos para facernos parecer máis vellos, agora chega unha web que nos converte en cadros de museo.

A web xaponesa Ai-art.Tokio fai un escáner do rostro e logo emprega unha intelixencia artificial chamada Al Gahaku. Para que xere un resultado correcto, é necesario que a foto sexa o máis de fronte que sexa posible e que apareza unha única persoa. As imaxes que xera son un total de 10, todas son retratos pero con diferentes matices, como pintadas por diferentes artistas co estilo de Rembrandt, Velázquez ou Matisse.

Publicidade

Isto fai a aplicación de IA coa foto do presidente da Xunta.

Esta páxina foi lanzada por un desarrollador informático xaponés chamado Sato. Este creador xa fixera previamente outra web que tamén permitía transformar as túas fotos en retratos de pixelart, ao estilo dos gráficos e videoxogos dos 80 e 90, chamada Pixel-Me.Tokyo.

Agora, o novo proxecto tivo unha grande acollida nas redes sociais, onde milleiros de usuarios compartiron os seus retratos.

Publicidade

Ademais, tamén é posible empegar as fotos doutras persoas, como podemos ver nos personaxes galegos aquí utilizados.

E aquí podes acceder á web Art Tokio

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

O cambio climático acaba con toneladas de ostras e mexillóns en Galicia e Xapón

A investigación sobre especies máis resistentes á calor e á baixada de sanidade é un campo que merece máis investimento do que recibe. Por Antonio Figueras