Algas das rías galegas contra o envellecemento

Xa sabiamos das innumerables propiedades das algas das nosas costas. Na gastronomía, como fertilizante e tamén en cosmética. Agora, Celtalga, unha empresa creada ao abeiro da USC, pretende comercializar Sálvora, unha liña de cremas anti envellecemento baseadas nos vexetais mariños que medran nas rías galegas. Para lanzar estes productos ao mercado, Celtalga precisa financiamento, e puxo en marcha unha campaña de micro mecenado que remata o día 14 de xullo. Se non consiguen reunir os fondos necesarios, o proxecto de Sálvora non seguirá adiante. Agora mesmo atópanse no 87 por cento da cantidade necesaria, polo que precisan un último impulso financieiro.

Celtalga, finalista no apartado de Idea Emerxente nos premios Galicia Spin-Off 2015, xorde dunha idea de Marivel Sánchez Guerrero, investigadora da USC, e do profesor Jorge Sineiro. A liña Sálvora consta de dous tipos de cremas, unha antioxidante e outra anti idade. Ambos produtos obtéñense a partir de extractos de alga parda (Ascophyllum nodosum), que inhiben a acción de enzimas relacionadas con envellecemento da pel.

Publicidade

O proceso de obtención dos extractos é netamente ecolóxico. A recolección realízase mediante inmersións controladas, e os produtos obtéñense en frío mediante ultrasons e auga. Nos seus procedementos, Celtalga conta con socios como Porto-Muíños, unha das empresas de referencia na extracción de algas en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

⁠Algas e microalgas: o tesouro biotecnolóxico que agocha o mar galego

O centro tecnolóxico ANFACO presenta en BioSpain o seu aproveitamento da biomasa mariña para crear novos ingredientes

Beleza “tóxica”? O outro lado da cosmética

Dous estudos expoñen a cantidade de disruptores endócrinos que se acumulan no corpo das persoas máis afeccionadas ao 'skincare' e á maquillaxe

Unha investigadora da UVigo converte os residuos da industria cervexeira nunha crema antienvellecemento

O estudo de Briolanja dos Santos revela que o lúpulo destaca no eido da cosmética polas súas propiedades hidratantes, exfoliantes e antiinflamatorias

Un peixe que devora algas acelera o declive dos bosques mariños nas Illas Atlánticas

A desaparición, ligada á presión da saboga e ao cambio climático, deixa xa sen kelp boa parte da costa galega