Publicidade
Domingo 25 Maio 2025
Publicidade

Sabes cal é o superheroe máis poderoso segundo a ciencia?

Se es fan dos superheroes, xa sexa en modo espectador ocasional ou un acérrimo seguidor, é probable que estableceses algunha vez unha conversación acerca de cal é o mellor superheroe de todos os que existen. Agora, a ciencia facilítanos unha resposta: o superheroe máis poderoso é sen dúbida Superman. A investigación foi publicada ao longo dos últimos anos nas revistas The Journal of Pshysics Special Topics e The Journal of Interdisciplinary Science Topics nos que foron analizando desde un punto de vista científico se os poderes dos superheroes serían realmente posibles no mundo real e realizando un balance final do exame dos poderes de cada un deles.

Os investigadores, estudantes da Universidade de Leicester (Inglaterra), publicaron os seus achados o pasado 12 de xuño, Día de Superman, en honra ao gañador deste exame de superpoderes. Tras sete anos de investigación (2009-2016), o superheroe “mellor equipado” segundo o uso de principios científicos para examinar a viabilidade dos poderes detrás dos superheroes máis famosos dos cómics, é Superman.

Publicidade

Lobezno, Thor e Mística seguen moi de cerca ao gran Superman

Os 12 superheroes examinados foron: Superman, Lobezno, Thor, Mística, Flash, Raio Negro, Silver Surfer, Spider-Man, Batman, Iron Man, Lagarto e o Home de Xeo. No posto nº 1 quedou Superman, seguido moi de preto por Lobezno e Thor. “Lobezno, Thor e Mística tamén están no top de superheroes, xa que teñen capacidade de rexeneración acelerada, alta produción de enerxía e son capaces de manipulación xenética”, aclaran os autores.

Nesta táboa comparativa deseñada polos estudantes, podemos apreciar dunha ollada os poderes e habilidades dos principais heroes do cómic, chegando á conclusión final de que o primeiro superheroe que viu a luz nos cómics, o fillo de Krypton, é o heroe mellor equipado de todos os tempos.

Publicidade

Segundo os seus cálculos, Superman é capaz de xerar ataques de enerxía de ata 7.07×105 Julios/segundo de enerxía solar acumulada, seguindo a ‘Lei de Conservación da Enerxía’. Se a isto sumamos a superfuerza, os raios ópticos, a supervelocidade, o seu alento xélido ou o seu perfecto tecido muscular, obtemos os motivos que o colocaron na zona superior do ránking.

A investigación pode parecer unha parvada, pero forma parte dunha iniciativa da Universidade de Leicester para achegar a Física aos máis mozos, con estudos que aplican principios científicos ao mundo do lecer xuvenil.

Aquí podes consultar algúns dos artigos máis curiosos de Physics Special Topics, da Universidade de Leicester.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os materiais fabricados por humanos xa pesan tanto como toda a biomasa

Os autores expoñen o que significa este fito, calculado por un recente estudo publicado en "Nature"