Un investigador galego obtén fondos europeos para o seu sensor térmico

Francisco Rivadulla, investigador no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CiQUS) foi recoñecido cunha das axudas PoC – Proof of Concept (Proba de Concepto) que concede o Consello Europeo da Investigación (European Research Council – ERC). Dotadas con 150.000 euros, a misión principal destas axudas é contribuir a salvar a fenda entre a investigación básica e o mercado, servindo de impulso nas primeiras fases de comercialización dun producto innovador.

O dispositivo ANT.
O dispositivo ANT.

A iniciativa premiada, coñecida como ANTS (A New Technology of microthermal Sensing for application in microcalorimetry)  conseguiu entrar na listaxe definitiva xunto a outros 43 seleccionados en toda Europa (5 en España) cunha proposta fundamental que emana dos resultados de investigación obtidos no marco du proxecto Starting Grant, financiado cun millón e medio de euros polo Consello Europeo de Investigación en 2010, e cuxos resultados xa foron patentados.

Publicidade

O obxectivo do proxecto ANTS é desenvolver un novo tipo de microsensor de temperatura de alta resolución temporal e espacial, baseado nun efecto magnetotérmico. Segundo explica o profesor Rivadulla, “as primeiras medidas xa permitiron determinar diferenzas de temperatura da orde dunha millonésima de grao a través de películas delgadas duns poucos nanómetros de espesor”. “O que nos propoñemos agora -engade o doutor Rivadulla- é empregar esta resposta eléctrica como un sensor térmico ultrasensible“.

Un aspecto de especial relevancia nesta proposta é que os elementos activos de detección están feitos dun único material, o que ofrece vantaxes importantes para a miniaturización cando se compara cos módulos Peltier clásicos que se empregan na actualidade; por outra parte, contan co valor engadido de que son sinxelos de fabricar cos medios de deposición física tradicionais, así como a través doutros procedementos fotolitográficos estándar xa dispoñibles.

Publicidade

A axuda de 150.000 euros apoia a chegada desta tecnoloxía ao mercado

Ao longo do novo proxecto PoC – Prueba de Concepto, os investigadores tratarán de optimizar esta resposta e deseñar un sistema capaz de medir variacións de temperatura moi pequenas –como as producidas nalgunhas reaccións químicas-, cunha boa resolución espacial e temporal. “O obxectivo é demostrar a viabilidade dun novo microsensor térmico para a súa aplicación nunha nova xeración de microcalorímetros, alén da tecnoloxía dispoñible a día de hoxe, e mellorando enormemente a súa resolución térmica, temporal e espacial”, explica o investigador da USC.

O dispositivo proposto por ANTS pretende achegar unha ferramenta cuantitativa para determinar con maior precisión a enerxía involucrada en distintos procesos, o que permitirá a súa aplicación en múltiples áreas, dende o ámbito da catálise ata o estudo de interrelacións biolóxicas de interese como a interación proteína-proteína ou ADN-proteína.

Destinadas a abrir pontes entre investigación e mercado, as Proof of Concept pechan o ciclo de axudas do ERC, cuxa función esencial é financiar liñas de investigación de alto risco mediante o apoio a proxectos na fronteira do coñecemento, co obxectivo de que permitan abrir novas ou inesperadas oportunidades de aplicación tanto social como comercial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE

O CiQUS obtén o selo de Unidade de Excelencia María de Maeztu

O centro da USC recibirá arredor de tres millóns de euros para os próximos catro anos a través do recoñecemento do Ministerio de Ciencia

O investigador Cristóbal Pérez súmase ao CiQUS para impulsar a espectroscopía molecular

O científico ten unha traxectoria recoñecida a nivel internacional no deseño e aplicación de instrumentación avanzada para estudar a estrutura e dinámica de sistemas moleculares complexos

Galicia abre a porta a fármacos máis seguros que se activan con luz grazas a unha tecnoloxía pioneira

A investigación do CiQUS, destacada nun editorial pola revista ‘Nature Synthesis’, presenta unha estratexia que reduce os efectos secundarios mediante activación localizada