Un sistema da UVigo permite a liberación precisa de fármacos contra o cancro

A ferramenta modula de xeito independente a administración da quimioterapia e abre novas vías para o tratamento de tumores

Avanzar na eficacia terapéutica mediante a coadministración de medicamentos de maneira secuencial é unha estratexia prometedora. Porén, lograr unha liberación precisa e selectiva de axentes quimioterapéuticos continúa a ser un gran desafío na loita contra o cancro. Un artigo da Universidade de Vigo (UVigo) publicado na revista Advanced Functional Materials recolle os resultados dun estudo que propón como solución a introdución de liposomas magnéticos e nanobarras de ouro recubertas de sílice mesoporosa en xeles formados por coensamblaxe de dehidropéptidos.

O estudo, liderado por persoal investigador do grupo TeamNanoTech do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da UVigo, presenta este sistema composto como unha sofisticada ferramenta para modular de xeito independente a liberación de doxorrubicina (presente nos liposomas magnéticos) e metotrexano (encapsulado na sílice mesoporosa), fármacos habitualmente empregados no tratamento do cancro.

Publicidade

Os efectos combinados da liberación secuencial de fármacos, mediante fototermia e hipertermia magnética “melloran a eficacia terapéutica contra os cultivos de células cancerosas en 3D”, explica Miguel Correa, investigador principal do grupo TeamNanoTech e primeiro asinante deste artigo xunto con Margarita Vázquez González e Sérgio R. S. Veloso, ambos do mesmo grupo. Os atributos deste xel inclúen características beneficiosas como a mellor biocompatibilidade, inxectabilidade, xelificación rápida e a autocuración, ademais de propiedades mecánicas adecuadas para administración de fármacos. 

Unha opción “cun gran potencial”

A investigación abre novas vías para enfoques precisos e personalizados, representando un importante paso adiante na procura de terapias máis efectivas e controladas. “En definitiva, cremos que se trata dunha opción cun gran potencial para o desenvolvemento de aplicacións terapéuticas, especialmente, no contexto da terapia do cancro”, sinala o equipo do CINBIO involucrado na investigación.

Publicidade

Xunto ao persoal investigador do CINBIO –centro cofinanciado con fondos FEDER–, asinan este estudo Carlos Spuch, Luis Freiría-Martínez, María Comís-Tuche, Marta Iglesias-Martínez-Almeida e Tania Rivera-Baltanás, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur; ademais doutras científicas e científicos da Universidade do Minho e da Universidade de Aveiro.


Referencia: An Injectable Composite Co-Assembled Dehydropeptide-Based Magnetic/Plasmonic Lipogel for Multimodal Cancer Therapy (Publicado en Advanced Functional Materials)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Científicos galegos e arxentinos desvelan o potencial do cacho de gambón para protexer a retina

Un estudo desenvolve nanopartículas antioxidantes derivadas de residuos pesqueiros con resultados prometedores en probas in vitro

Novembro para descubrir, rir e namorar da ciencia en galego

A UVigo conmemora o Día da Ciencia en Galego cun programa de actividades que durará todo o mes

O poder oculto das raíces da alfábega

O proxecto AGRI-RESVAL, no que participan a UVigo, Néboda Farms e FEUGA, investiga o potencial dos residuos da agricultura para atrasar a oxidación dos conxelados

Como protexer os peixes fronte aos contaminantes dos pensos acuícolas? Así o estudan dende a UVigo

O proxecto Toxi-Feed analiza os efectos na troita arco da vella e avalía solucións baseadas en aminoácidos para preservar o seu benestar e mellorar a produción