Un investigador galego demostra que a psicoloxía inflúe na reutilización de augas residuais

O subconsciente da cidadanía incide no proceso de decisión para escoller esta solución tecnolóxica fronte a escaseza de auga

O psicólogo social da Universidade de Santiago de Compostela, Sergio Vila Tojo, emprendeu a investigación doutoral A reutilización de augas residuais: factores psicolóxicos para a súa aceptación pública, baseada na análise das razóns polas que as persoas deciden aceptar ou rexeitar a reutilización de augas residuais que, por razóns de uso, presentan a súa calidade orixinal alterada.

Desenvolvemento da investigación

O estudo centrouse no emprego de recursos como enquisas ou grupos de discusión, de maneira que o investigador identificou a existencia de cinco factores psicolóxicos relevantes que axudan a comprender o proceso polo que pasa un individuo de cara a decidirse por esta solución tecnolóxica. Os resultados acadado constitúen “unha ferramenta imprescindible para que gobernos e empresas promovan esta solución tecnolóxica”, segundo indica Vila Tojo.

Publicidade

“A escaseza de auga e de alimentos derivadas do cambio climático son un problema en crecemento, que xa afecta a un número importante de países”, segue a explicar o investigador. Neste sentido, darlle unha segunda vida ás augas residuais pode servir de solución a esta problemática, posto que permite reciclar a auga para fins como o regadío de cultivos ou tirar da cisterna. Tamén en como empregar o fósforo contido nela para elaborar fertilizantes. “Pese as vantaxes e a seguridade desta solución tecnolóxica, a poboación manifesta importantes reticencias ata o punto de que algúns proxectos se vexan paralizados pola oposición cidadá”, manifesta o psicólogo.

Factores psicolóxicos

O primeiro dos factores psicolóxicos identificados nesta tese incide no diagnóstico do problema ambiental, é dicir, a ameaza que perciben as persoas sobre a escaseza e a quen lle atribúen a responsabilidade desa situación.

Publicidade

En segundo lugar, a percepción da solución que abarca os riscos, costes e beneficios percibidos da reutilización das augas residuais e a confianza depositada na comunidade científica.

En terceiro lugar, resultado desas apreciacións, desencadearanse reaccións emocionais como o orgullo, que facilitará a aceptación, ou como o noxo, vinculado ao rexeitamento.

En cuarto lugar, constatouse a importancia da influencia social. “As persoas somos sensibles a distintas fontes informativas (como a ciencia) e normativas (como a opinión da maioría) que regulan a nosa forma de pensar e comportarnos”, matiza o investigador.

Finalmente, resalta a importancia da influencia axiolóxica. “A defensa da natureza como un valor central da nosa identidade pode axudar a que as persoas perciban a reutilización da auga como unha solución ambiental eticamente aceptable”, suxeita Vila Tojo. Nese caso, desencadearase un sentido de obriga moral a aceptar o seu emprego.

Por ende, é preciso incorporar á cidadanía no proceso de toma de decisións dende o primeiro momento xa que “facilitará a creación de marcos compartidos sobre a problemática ambiental e a súa solución”, constata o experto.

Tese doutoral

A tese foi dirixida polos profesores José Manuel Sabucedo Cameselle e Elena María Andrade Fernández, ambos pertencentes ao Departamento de Psicoloxía social, Básica e Metodoloxía. Ademais, o traballo forma parte do programa de doutoramento Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social da USC, que se desenvolveu no marco do proxecto Europeo Run4Life, financiado polo programa Horizonte 2020.

O estudo, de carácter interdisciplinario, desenvolveuse no  Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais da USC (CRETUS), dentro do grupo de investigación Comportamento Social e Psicometría Aplicada (COSOYPA).

Así mesmo, salientar que, dentro das actividades da tese de Sergio Vila, tamén se atopan colaboracións con outros centros de investigación internacionais como o Centre for Climate Change and Social Transformations do Reino Unido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais