Un equipo galego sinala Ozempic como aliado para previr doenzas cardiovasculares

A semaglutida, un fármaco antidiabético, mellora a sensibilidade á insulina e reduce os depósitos de graxa arredor do miocardio

As enfermidades cardiovasculares son a principal causa de morte no mundo. Grazas ás tecnoloxías de imaxe, a medicina determinou que a acumulación de depósitos de graxa localizados ao redor do miocardio, que se coñecen como tecido adiposo epicárdico, adoita estar máis relacionada cos trastornos cardiovasculares que, por exemplo, o índice de masa corporal. A acumulación desta graxa epicárdica ao redor do miocardio e as arterias coronarias facilita a inflamación e o aumento do tecido, unha circunstancia que aumenta as posibilidades de que o paciente sufra arritmias.

O tecido adiposo epicárdico é, por tanto, un factor de risco tanto para o desenvolvemento como para a progresión dunha enfermidade cardiovascular. Por iso, a investigadora predoutoral do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), Rumeysa Basdas, xunto aos seus directores, Sonia Eiras, líder do grupo de Cardioloxía Traslacional e José Ramón González Juanatey, líder do grupo de Cardioloxía, decidiron investigar os efectos preventivos que podería ter do uso da semaglutida —un fármaco antidiabético que se comercializa baixo o nome de Ozempic, Rybelsus, Wegovy ou Dutide, entre outros—en pacientes con patoloxías cardiovasculares.

Publicidade

Tras unha investigación na que incluíron 67 biopsias de graxa epicárdica e subcutánea de pacientes sometidos a cirurxía cardíaca, os investigadores do IDIS determinaron no seu estudo, publicado recentemente na revista americana Journals of the American College of Cardiology (JACC), que o uso de semaglutida, cuxas propiedades melloran a sensibilidade á insulina e reducen a cantidade de tecido adiposo epicárdico, podería ser unha estratexia terapéutica preventiva en pacientes con patoloxía cardiovascular.


Refererencia: Semaglutide Modulates Proinflammatory Epicardial Adipogenesis With Paracrine Effects on hiPSC-Atrial Cardiomyocytes (Publicado en JACC)

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Un de cada doce homes con cancro de próstata de alto risco ten alteracións xenéticas hereditarias relevantes

Un equipo de Santiago publica un estudo co que avanza na comprensión da enfermidade e cara a unha medicina máis personalizada

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Unha investigación galega abre unha nova vía para mellorar o diagnóstico de tumores en tecidos brandos

O equipo de Radioloxía do CHUS e do IDIS combina por primeira vez a elastografía e a microvascularización para coñecer mellor o comportamento biolóxico das lesións