Un científico galego participa no achado dun fenómeno químico xamais observado

O investigador Jesús Mosquera, do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña (UDC), vén de participar no descubrimento dun fenómeno químico xamais observado e que, en certa maneira, excede os límites da razón. Máis polo miúdo, acharon que, engadindo máis auga a unha disolución acuosa de certos compoñentes (sol), sorprendentemende a mestura pasa a estado sólido (xel). Os resultados da investigación, realizada en colaboración coa Universidade Tecnolóxica de Eindhoven, acaban de ser publicados na revista Science, unha das máis prestixiosas do mundo.

Segundo trasladaron dende o CICA, trátase dun resultado totalmente imprevisto, xa que se esperaría que, a maior cantidade de disolvente engadido, máis líquida queda a mestura. Porén, os investigadores demostraron que isto pode non ser así, e a este fenómeno denominárono “transición sol-xel”, xa que hai unha transformación dun estado a outro. “Basicamente rompemos o mito de que dilución conduce a unha menor interacción entre moléculas e, polo tanto, a un estado máis líquido, onde as moléculas quedan diluídas. Neste traballo, encontramos un bonito exemplo do contrario debido á interacción entre dous sistemas (supra)moleculares con estruturas químicas completamente diferentes”, explica Mosquera.

Publicidade

“Rompemos o mito de que dilución conduce a unha menor interacción entre moléculas”

JESÚS MOSQUERA, investigador da UDC

O termo supramolecular alude a aquelas moléculas capaces de interaccionar consigo mesmas, e con outras moléculas, para formar complexos por medio de enlaces débiles reversibles. Nas nosas células atópanse estes complexos moleculares desempeñando roles fundamentais para a supervivencia, como a división celular ou a replicación do ADN. Así, este mecanismo de interacción, a primeira vista contraintuitivo, podería explicar certos fenómenos que ocorren de maneira natural no noso organismo. Por exemplo, sábese que existen orgánulos sen membrana que regulan procesos vitais para a célula, como os corpos de Cajal ou os gránulos de estrés. Como se forman ou se dilúen son preguntas que están sen responder, e o descubrimento in vitro deste fenómeno podería ser clave para entender estes condensados biomoleculares.

Como moitas veces ocorre en investigación, uns experimentos derivan doutros insospeitados e é que os autores do traballo, Jesús Mosquera e a súa compañeira Lu Su, fixeron esta observación por casualidade. “Estabamos avaliando a interacción entre dúas unidades tipicamente usadas na química supramolecular cando atopamos este fenómeno”, recoñece Mosquera.

Publicidade


Referencia: Dilution-induced gel-sol-gel-sol transitions by competitive supramolecular pathways in water (Publicado en Science)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O avance do piñeiro ameaza a caramiña, unha das xoias naturais das dunas galegas

Unha investigación constata que os piñeirais reduciron un 61,5% o ecosistema da Praia de Trece dende 1956 e dificultan a supervivencia da especie

A propulsión nuclear, a exame como alternativa para descarbonizar o transporte marítimo

Unha investigación do CITENI analiza os riscos dos reactores de sales fundidas para a súa posible aplicación nos buques do futuro

Os mapas da xentrificación en Galicia: estes son os barrios máis afectados

Un novo estudo identifica as áreas máis vulnerables en Vigo, A Coruña e Santiago e describe a reconfiguración das tres urbes nun período de seis anos

A UDC mide por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores

O traballo desenvolve unha metodoloxía que permite calcular nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e ás células solares