Identificadas redes neurona-astrocito que axudan e entender a depresión e as adiccións

Investigadores do CSIC demostraron que son clave para entender o funcionamento dunha rexión do cerebro relacionada cos estados de ánimo

Investigadores do CSIC veñen de demostrar que os astrocitos, as células non neuronais máis numerosas do cerebro, son clave nos sistemas de recompensa. O traballo, publicado en Nature Communications, sinala a importancia de estudar as redes neurona-astrocito no núcleo accumbens, rexión do cerebro que desencadea as condutas orientadas á recompensa, como dianas terapéuticas en patoloxías como a adicción ou a depresión, relacionadas cos cambios nos circuítos de recompensa do cerebro.

“A pesar de que o núcleo accumbens está composto tanto de neuronas como de astrocitos, ata o de agora asumiuse que as neuronas eran as únicas responsables das súas funcións”, expón Marta Navarrete, investigadora do CSIC no Instituto Cajal. “Descubrimos que os astrocitos do núcleo accumbens responden de maneira diferencial a sinais provenientes de distintas rexións involucradas en tarefas como a memoria e a aprendizaxe (hipocampo), nas emocións (amígdala), ou na toma de decisións (cortiza prefrontal) e que, ademais, organízanse en redes específicas”, explica a investigadora. O traballo demostra que os astrocitos son capaces de integrar sinais de información de maneira non lineal, o que revela a rede neurona-astrocito como clave nas propiedades de integración do núcleo accubens.

Publicidade

A investigadora sinala que os resultados poñen de manifesto a necesidade de estudar mapas funcionais e non só neuronais, pois demostraron que os astrocitos desempeñan un papel activo na función sináptica e no procesamento de información neuronal mediante o intercambio de sinais coas neuronas. “Se avanzamos no estudo das funcionalidades de accumbens, non só entenderemos mellor enfermidades relacionadas co estado de ánimo, senón que poderemos atopar dianas terapéuticas eficaces”, sinala Navarrete.

Un método para mapear redes neurona-astrocito

Os investigadores implementaron unha nova ferramenta de estudo (CaMPARIGFAP) que lles permitiu analizar por primeira vez circuítos neurona-astrocito específicos. “Trátase dun sensor de calcio co que puidemos desenvolver unha análise espacial da actividade dos astrocitos a gran escala. É un método moi versátil para analizar tecido fixado ex vivo e in vivo”, explica Irene Serra, investigadora do CSIC no Instituto Cajal e primeira autora do artigo.

Publicidade

No estudo combinouse o uso desta nova ferramenta con técnicas experimentais como a optoxenética para estimular circuítos específicos con luz e a electrofisioloxía para estimular a actividade neuronal. “Esta metodoloxía permitiunos avanzar no estudo das redes neurona-astrocito e pode ser de gran utilidade para continuar no camiño do coñecemento do funcionamento dos circuítos de recompensa”, sinala a investigadora.


Referencia: Ca2+-modulated photoactivatable imaging reveals neuron-astrocyte glutamatergic circuitries within the nucleus accumbens (Publicado en Nature Communications)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sonia Villapol: “O cerebro agradece o exercicio, é un dos medicamentos sen receita máis eficaces”

A neurocientífica galega publica 'Cerebro en modo ON', un manual divulgativo de neurociencia para adolescentes con grandes leccións para adultos

A escavación no convento de Santa Clara saca á luz un cerebro ben conservado, un achado único na península

O equipo detrás do descubrimento asegura que só hai tres casos máis no mundo en Arxentina, Chile e Italia de características semellantes

Un nanoxel converte astrocitos do cerebro en neuronas para mellorar a memoria en modelos de alzhéimer

O sistema experimental Nano-ERASER atravesa a barreira hematoencefálica e xa foi probado en organismos humanos e en ratos

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024