Podería a endometriose ser causada por unha bacteria? Un estudo aporta novas claves

Un equipo de Xapón estableceu unha relación entre a presencia de fusobacterium no endometrio das mulleres que padecen a enfermidade

Un novo estudo realizado por investigadores da Universidade de Nagoya e outras institucións de Xapón arroxa luz sobre o desenvolvemento da endometriose. Descubriron que un tipo de bacteria que se atopa comunmente na floral oral e intestinal humana pode ter un papel importante na súa orixe. Isto pode significar un gran alivio e esperanza para todas aquelas mulleres que sofren esta enfermidade, que se traduce en dores intensos de regra, períodos abuntantes e dificultades para quedar embarazadas, entre outros.

Os investigadores examinaron mostras de tecido de 79 mulleres con endometriose e 76 mulleres sas e atoparon unha correlación entre a fusobacteria e a enfermidade. “Nunha cohorte de mulleres, atopouse que o 64 por cento das pacientes con endometriose, pero menos do 10 por cento dos controis (saudables), tiñan infiltración de fusobacterium no endometrio”, escriben os investigadores no seu artigo publicado. “Os nosos datos apoian un mecanismo para a patoxénese da endometriose a través da infección pola fusobacterium e suxiren que a erradicación desta bacteria podería ser un enfoque para tratar a endometriose”.

Publicidade

O equipo investigou que era o que facía a fusobacterium, e descubrion que activaba unha vía de sinal que involucraba unha substancia chamada TGF-β (factor de crecemento transformador beta) que “espertou” e transformou células normalmente inactivas. A propia bacteria atopouse no endometrio. Outras probas en ratos mostraron que as mesmas células activas, os miofibroblastos transxelina positivos, apareceron en ratos dosificados con Fusobacterium. Estes miofibroblastos poden estar a desencadear a endometriose.

“As especies do xénero fusobacterium son coñecidas por ser membros comúns da microbiota oral e do tracto gastrointestinal e teñen unha relación simbiótica cos seus hóspedes”, escriben os investigadores. Probouse un tratamento con antibióticos para atacar as bacterias, e demostrou ser eficaz para previr a endometriose, o que abre a vía ao desenvolvemento dun tratamento. Con todo, o equipo alega que fan falta moitos más traballos para chegar a ese punto.

Neste senso, os achados non son determinantes para achacar á fusobacteria e endometriose, os propios investigadores recoñecen que “é difícil de atribuír a un só factor”. As opcións de tratamento para a endometriose baséanse actualmente na terapia hormonal, como a supresión da ovulación a longo prazo. Con todo, a creación dunha contorna relativamente hipoestroxénica pode provocar efectos adversos, e as mulleres non poden quedar embarazadas durante o tratamento”, escriben os investigadores.

“O tratamento cirúrxico é xeralmente necesario para a dor pélvica intratable. Con todo, unha alta taxa de recorrencia é unha preocupación importante despois da extirpación cirúrxica das lesións endometrióticas”. Este novo estudo postula que hai un tipo de conexión, de maneira que os investigadores profundizarán nesta liña. O estudo foi publicado na revista Science Translational Medicine.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A bacteria que me ensinou a vivir

Crónica en primeira persoa dunha supervivente de endocardite

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

A imparable expansión da covid das plantas: así se propagou ‘Xylella’ no norte de Portugal

A perigosa bacteria detectouse por primeira vez en Vila Nova de Gaia nunha planta de lavanda francesa en 2019

Catro de cada dez cidadáns perciben a menstruación como un estigma

Un macroestudio pioneiro en España que contou con máis de 4.000 participantes maiores de 14 anos para coñecer se aínda existe un tabú coa regra