Investigación

Galicia prepara un sistema para mellorar a predición meteorolóxica e oceánica

Científicos da UVigo e varias empresas desenvolven o proxecto Infor-mar, para ofrecer unha predición aínda máis fiable

A molécula do ano fíxose en Galicia

O filtro de grafeno creado polo CiQUS, e publicado en abril en 'Science', foi o máis votado na enquisa da American Chemical Society

Dous proxectos galegos, finalistas nun certame de innovación educativa

Esta fin de semana remata a votación para elixir ao gañador de Acción Magistral, no que concursan o profesor Xacobo de Toro e o CEIP Viñagrande de Deiro

Captan a imaxe máis próxima da atmosfera do Sol

A sonda Parker xa é o obxecto humano máis achegado á nosa estrela e comeza a enviar datos á Terra

Confirmado: xa se lle empeza a notar aos días

Esta semana comezan a medrar as tardes, aínda que o Sol seguirá retrasando a súa saída pola mañá ata comezos de xaneiro

A sonda Voyager 2 entrou no espazo interestelar

A NASA anuncia que a nave abandonou o Sistema Solar, aínda que mantén a comunicación coa Terra

A Deputación achega 103.000 euros para divulgación á Universidade da Coruña

As dúas entidades acordan cun convenio un amplo calendario de actividades para fomentar as vocacións científicas nos mozos e mozas da provincia

Carlos Garrido traduce ao galego o libro de divulgación “Recordes dos Seres Vivos”

A obra escrita polos biólogos Klaus Richarz e Bruno P. Kremer é unha das grandes novidades de divulgación científica en Europa nos últimos anos

O galego Luis Liz, Premio Nacional de Investigación

O científico lucense, do Ikerbasque, foi galardoado na categoría ‘Enrique Moles’ de Ciencia e Tecnoloxía Química

Rui Jorge Agostinho: “Ficar no horario de verán sería a peor decisión posible”

O director do Observatorio Astronómico de Lisboa participou na xornada sobre o cambio horario organizada polo Consello da Cultura Galega

Os científicos propoñen unha fronte común con Portugal para manter o cambio de hora

O Consello da Cultura Galega celebra unha xornada científica arredor do debate horario con expertos galegos, españois e portugueses

A sonda Osiris Rex alcanza o asteroide Bennu

Tras dunha viaxe de dous anos, a nave chegou á pequena rocha espacial da que tomará mostras

O Ministerio de Ciencia premia o TFM do galego Fernando Castro

O estudante de Matemáticas da USC recibiu o premio especial do xurado do XVII Certame Universitario Arquímedes, dotado con 8.000 euros

Rexistrado un leve sismo no Barbanza

A rede do Instituto Geográfico Nacional rexistrou un movemento de magnitude 2,3 ás 22.35, pero non foi sentido pola poboación

As catro preguntas que habería que facer sobre a eutanasia

As Regueifas de Ciencia celebraron un debate arredor do dereito á morte digna cando se está tramitando a lei estatal que despenalizará este proceso

Os polbos tamén poden andar e outros segredos das Cíes

O Concello de Vigo achega a centos de escolares e cidadáns o valor científico da illas, con obradoiros e charlas con investigadores da UVigo, o IEO e o CSIC