A membrana de grafeno poroso sintetizada por investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), o Institut Català de Nanociència i Nanotecnologia ( ICN2) e o Donostia International Physics Center (DIPC) foi elixida como a molécula do ano polos lectores da revista C&EN de a American Chemical Society cun 58% dos votos de entre 8 candidatas internacionais.
A revista Science publicaba en abril este fito nun traballo dirixido polo investigador do CiQUS Diego Peña e o líder de grupo do ICN2 Prof. ICREA Aitor Mugarza. O artigo expoñía o potencial deste prezado material a aplicacións en electrónica, filtros e sensores. Os resultados deste estudo, cuxo primeiro autor é o Dr. César Moreno do ICN2 a partir da molécula sintetizada no CiQUS por Manuel Vilas Varela, deron lugar á solicitude dunha patente.
A presenza de poros nunha molécula de grafeno cuxo tamaño, forma e densidade son modificables na nanoescala con precisión atómica pode modificar a súa estrutura básica e utilizarse como unha malla ou filtro permeable para substancias minúsculas como gases de efecto invernadoiro, sales ou biomoléculas. Ademais, o grafeno convértese nun semiconductor cando o espazo entre poros redúcese a uns poucos átomos, abrindo a porta ao seu uso en dispositivos electrónicos, onde substituiría os compoñentes baseados en silicio máis voluminosos e ríxidos actuais.
O grafeno resultante, útil como peneira molecular e con propiedades eléctricas parecidas ás do silicio, permitirán no futuro desenvolver dispositivos que actúen simultaneamente como filtro e sensor, posibilitando a separación de moléculas específicas e bloquear e/ou monitorar o paso das mesmas polos nanoporos, usando un campo eléctrico