En busca da cura para a borracheira: un novo fármaco elimina os efectos do alcohol en ratos

A hormona FGF21 contrarresta a perda de conciencia e a falta coordinación provocadas pola inxesta de alcohol

Reducir os efectos da embriaguez cun fármaco está a punto de ser posible. Trátase dunha inxección que introduce a hormona FGF21 no corpo que axuda a recuperar a inconsciencia e a falta de coordinación producidas polo etanol. O estudo provouse en ratos e demostra que este método os protexe fronte os efectos do consumo de alcohol no corpo. Os investigadores afirman que podería estar dirixido farmaceuticamente para o tratamento de intoxicación aguda.

A hormona FGF21 é unha hormona inducida no fígado por unha variedade de tensións metabólicas que incluén a fame, a deficiencia de proteínas, os azúcares simples e o etanol. Segundo explican os autores da investigación no artigo FGF21 contrarresta a intoxicación por alcohol activando o sistema nervioso noradrenérxico, o etanol nos seres humanos é o indutor máis potente desta hormona descrito ata a data. Estudos previos demostraron que suprime a preferencia polo etanol, induce a beber auga para evitar a deshidratación e protexe ante lesións hepáticas producidas pola bebida.

Publicidade

Os estudos de asociación vincularon o sistema nervioso noradrenérxico alrededor do xen FGF21 co consumo de alcohol, descubrindo así que a hormona mantén en estado de alerta ao cerebro. Segundo explica á Axencia SINC Steven Kliewer, investigador do Centro Médico Southwestern na Universidade de Texas e un dos autores principais do traballo, aínda se descoñece como afecta o etanol ao organismo dos humanos. “A grandes rasgos, este composto químico inhibe as neuronas que excitan o cerebro (neuronas glutamatérxicas) e activa as que disminúen a actividade cerebral (neuronas gabaérxicas)”.

“Queda por determinar se este método afecta ás neuronas humanas e como o fai”

STEVEN KLIEWER, bioquímico

“Descubrimos que o fígado non só intervén no metabolismo do alcohol, senón que tamén envía unha sinal hormonal ao cerebro para protexelo contra os efectos nocivos da intoxicación, entre eles a perda de conciencia e coordinación”, explica o bioquímico. Sobre o novo método, Kliewer alega que “queda por determinar se afecta ás neuronas humanas e como o fai”. Na investigación, os científicos descubriron que os ratos criados para non producir FGF21 de maneira natural tardaron máis tempo en recuperar o seu equilibrio e a súa coordinación. Aos que si producían a hormona administróuselles unha inxección de alcohol e unha adicional de FGF21. Os resultados: recuperaron o seu sentido da orientación e conciencia o doble de rápido que os outros.

Publicidade

A rexión específica do cerebro á que afecta FGF21 é locus coeruleus, que produce noradrenalina, un neurotransmisor vinculado á resposta de loita e fuxida e regula a alerta e a excitación do sono. Estes efectos aínda teñen que demostrarse en seres humanos, aínda que os investigadores confían que pode funcionar e que podería usarse para iniciar parte dun proceso de sobriedade. David J. Mangelsdorf, un dos autores da investigación, comenta que “Os nosos estudos revelan que o cerebro é o principal lugar de acción dos efectos do FGF21. Agora estamos explorando en maior profundidade as vías neuronais polas que FGF21 exerce o seu efecto instrutor”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

Extraer ADN de amorodos ou resolver unha ‘escape room’ climática: así será a sexta edición da G-Night

A Noite Galega das Persoas Investigadoras terá lugar o 25 de setembro de xeito simultáneo nas sete cidades galegas

Identificadas moléculas con potencial terapéutico en cancro no primeiro leite das vacas tras o parto

Un equipo galego revela que as vesículas extracelulares do calostro bovino frean de forma reversible a proliferación de tumores gastrointestinais