Sábado 20 Abril 2024

Unha investigadora da USC demostra a alta presenza de funxicidas nas follas das vides

O estudo de Lúa Álvarez tamén serviu para caracterizar e diferenciar a orixe botánica co mel galego e a detección de antibióticos nas augas

A investigadora da Universidade de Santiago (USC) Lúa Vázquez logra demostrar a alta presenza de funxicidas nas follas das vides, así como caracterizar a orixe botánica do mel galego a través do desenvolvemento e optimización de metodoloxías analíticas simples, sustentables e rápidas. En concreto, o estudo logrou diferenciar a orixe botánica de meles galegos en base ao seu contido fenólico empregando diferentes ferramentas estatísticas. Por outra banda, propuxo, por primeira vez, a miniaturización da técnica de microextracción en fase sólida para determinar compostos aromáticos en ditas meles. Este foi un dos aspectos abordados nesta tese de doutoramento na que tamén se desenvolveron diferentes metodoloxías analíticas para tratar a presenza de funxicidas nas follas das vides, xeles hidroalcohólicos ou a presenza de antibióticos na auga, entre outras cuestións.

O estudo enmárcase dentro do proxecto ‘Identificación de marcadores específicos para garantir a calidade e autenticidade do mel de Galicia’ e levouse a cabo no Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) da USC, baixo a dirección da catedrática María Llompart, do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía; e o doutor Thierry Dagnac, da Axencia Galega de Calidade Alimentaria e do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Neste proxecto, tamén participaron a Universidade de Vigo e o Consello Regulador do Mel de Galicia.

Publicidade

Máis de 60 compostos

Ademais da caracterización dos meles galegos, Lúa Vázquez tamén se centrou noutras mostras de interese agrario, ambiental e cosmético, así como no estudo de procesos de degradación de diversas substancias en augas. Para todas estas mostras, a investigadora empregou diferentes técnicas de extracción seguidas de análises mediante distintos tipos de cromatografía e espectrometría de masas de baixa e alta resolución, dando lugar ao desenvolvemento dun total de oito metodoloxías analíticas distintas para a determinación simultánea de máis de 60 compostos.

A investigadora traballou na determinación de funxicidas empregados no sector vitivinícola en Galicia, demostrando a alta presenza de funxicidas nas follas das vides, incluso superando os límites legais nalgúns casos, así como nas uvas ou nos compartimentos ambientais. En canto ás mostras cosméticas, nesta tese realizouse o primeiro estudo de xeles hidroalcohólicos, revelando que a maioría dos analizados non cumpría co Regulamento nº 1223/2009 de cosméticos e que ningún deles seguía as recomendacións da Organización Mundial de Saúde.

Finalmente, en canto á análise da presenza de antibióticos en auga e ao estudo de diferentes alternativas de eliminación, empregouse un reactor estático a escala de laboratorio baseado en fotólise con UVC e —durante a estadía de doutoramento levada a cabo na Universidade do Porto baixo a supervisión do doutor Vítor Vilar— usouse un reactor tubo en tubo baseado en procesos de oxidación avanzada. En ambos casos, os resultados obtidos revelaron que ambos tipos de reactores eran moi prometedores para eliminar os 14 antibióticos obxectivo das augas.

Traballo premiado

Os resultados da tese deron lugar a diferentes publicacións —sete traballos publicados e un en revisión— en revistas internacionais de alto impacto no ámbito da Química Analítica, Alimentaria e Ambiental. Os distintos traballos foron tamén presentados en diversos congresos de ámbito estatal e internacional, conducindo á obtención de dous premios: a mellor presentación oral nas ‘I Jornadas de Jóvenes Investigadores de la Sociedad Española de Espectrometría de Masas’; e un Accésit de Recoñecemento a unha das contribucións orais máis innovadoras no ‘2nd European Sample Preparation e-Conference’. O tribunal encargado de avaliar a tese acordou por unanimidade concederlle a cualificación de sobresaliente cum laude.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'