Un equipo galego emprega unha nova técnica de cirurxía coronaria que evita o uso de ‘stents’

Investigadores do Álvaro Cunqueiro publican un estudo en 'The Lancet' sobre un método que non deixa atrás ningunha estrutura metálica permanente

Os doutores Andrés Íñiguez Romo, xefe do Servizo de Cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, e Víctor Alfonso Jiménez Díaz, director da Unidade de Investigación Cardiovascular, son os autores dun artigo recentemente publicado na revista médica The Lancet. Na investigación describen o emprego dunha nova técnica para o tratamento dunha afección coronaria mediante unha intervención cirúrxica (anxioplastia) que ten como vantaxe non deixar atrás material metálico, tal e como ocorre cando se empregan stents metálicos liberadores de fármacos para o tratamento destas afeccións coronarias que, unha vez cumprido o seu papel, fican aloxados na arteria de maneira permanente.

O artigo publicado por estes investigadores do Grupo Investigación Cardiovascular, do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IIS Galicia Sur), refire a experiencia dunha recente intervención coronaria percutánea realizada no Hospital Álvaro Cunqueiro a unha paciente de 50 anos de idade e motivada por unha síndrome coronaria aguda, empregando esta nova técnica DCB: un balón coronario que libera o fármaco sirolimus cristalizado en 45 segundos, en lugar empregar stents metálicos liberadores de fármacos, como é habitual.

Publicidade

Para amosar a efectividade do tratamento, os investigadores realizaron unha técnica de imaxe denominada tomografía de coherencia óptica (OTC) para visualizar o efecto do balón dentro da arteria coronaria, podendo conformar a presencia de fármaco na arteria, aspecto demostrado por primeira vez con esta técnica.

Tal e como refiren os autores neste artigo: “As imaxes OCT obtidas despois da anxioplastia mostraron partículas hiperecoicas no endotelio do segmento tratado con DCB nunha variedade de patróns diferentes. En particular, as partículas causaron efectos de sombra como os xerados polos puntais dos stents metálicos liberadores de fármacos”.

Publicidade

Resultados equiparables e menos invasivos

Así mesmo, os autores explican que, tras 28 días, realizouse unha nova anxiografía coronaria obténdose un resultado favorable, mostrando que nalgunhas seccións da arteria a maioría das sombras en formas de puntais e as partículas tiñan desaparecido, mentres que nas outras estaban en proceso de absorción, confirmando a persistencia e o efecto beneficioso do fármaco na arteria ao cabo dun mes.

Con estas evidencias, os doutores Íñiguez Romo e Jiménez Díaz conclúen que: “Os DCB tratan as placas aterioscleróticas con axentes antiproliferativos, de maneira similar aos stents liberadores de fármacos, pero sen deixar estrutura metálica permanente algunha, unha estratexia tamén coñecida como: “Non deixar nada atrás”. “Cremos que este caso mostra como se deposita sirolimus e posteriormente se absorbe dentro do endotelio coronario despois da anxioplastia DCB” apuntan. Ademáis, esta técnica de tratamento é aplicable a moitos pacientes con enfermidade das arterias de corazón, permitindo evitar ou diminuír o número e tamaño de stents metálicos a empregar mediante o tratamento combinado destes stents e DCB, sendo posible avaliar o efecto de ámbolos dous tratamentos mediante OTC.


Referencia: Visualización da arteria intracoronaria de depósitos cristalinos de sirolimus despois de anxioplastia con balón recuberto de fármaco para a síndrome coronaria aguda (Publicado en The Lancet)

1 comentario

  1. Enhorabuena y gracias, como cardiópata con tres stens en las arterias coronarias. Hace dos veranos tuve que ser intervenido porque uno de los stens, de más de diez años, se había “atascado”, supongo que con este nuevo sistema do habría sido necesario instalar otro stens dentro del afectado. Mi agradecimiento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A actividade do IIS Galicia Sur permite devolver á sociedade máis de dez euros por cada un investido

O modelo SROI revela o gran rendemento que supoñen as achegas de cartos públicos para a investigación sanitaria

Novo fito en Vigo: aplican unha técnica pioneira no mundo para tratar unha patoloxía cardíaca

O Servizo de Cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro realizou o primeiro implante a nivel internacional para tratar con maior precisión a estenose aórtica

Un equipo do hospital Álvaro Cunqueiro realiza unha operación cardíaca pioneira no mundo

A cirurxía minimamente invasiva logrou reparar con éxito a válvula mitral dun paciente de 77 anos que recibiu a alta en 48 horas

Que hai detrás da morte súbita: a doenza xenética que tratan 2.000 familias na Coruña

A miocardiopatía hipetrófica é unha enfermidade do corazón "moi limitadora" que aumenta o grosor da parede do ventrículo esquerdo