Investigadores españois descobren o xene causante dun tipo de leucemia

Máis do 82% dos pacientes con esta enfermidade, que adoitan ser persoas maiores de 60 anos, presentan niveis altos de RRAS2

O xene RRAS2, sen necesidade de mutacións, causa leucemia linfocítica crónica, a máis común en persoas maiores de sesenta anos. Este é o achado dun equipo de investigadores do CSIC en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC) que acaba de ser publicado na revista Molecular Cancer. Segundo os resultados recollidos no estudo, o 82% de pacientes que teñen esta patoloxía presentan niveis altos de RRAS2 e, ademais, as cantidades máis altas deste xene relaciónanse con leucemias máis agresivas.

Así é que grazas a este achado o xene RRAS2 perfílase como un “marcador inequívoco” para a detección deste tipo de cancro, abrindo a porta á exploración de novos tratamentos. “Cremos que a proteína codificada por este xene pode ser un punto importante para a xeneración de novos fármacos eficaces”, apunta o director do estudo, Balbino Alarcón, investigador no Centro de Biología Molecular Severo Ochoa (CSIC-UAM). Así mesmo, considera que este achado, unido á identificación dun marcador do xene, “permite propoñer que a meirande parte das leucemias linfocíticas crónicas en humanos están causadas pola sobreexpresión de RRAS2“.

Publicidade

Un oncoxene sen mutacións

Os cancros aparecen pola acumulación de danos nos xenes das células do organismo. A procura de xenes concretos como responsables de distintos tipos de cancro, os oncoxenes, desenvólvese mediante a identificación de mutacións. Estas provocan cambios na secuencia de aminoácidos das proteínas codificadas polos oncoxenes. Con todo, no estudo descubriuse que RRAS2 causa leucemia linfocítica crónica sen mutacións na súa secuencia de aminoácidos.

A relevancia deste dato radica nas formas de detección, pois o marcador da posible presenza de cancro non se basea na mutación, senón na propia cantidade do xene no organismo. “Observamos que a expresión en cantidades por encima do normal do xene RRAS2 sen mutacións en ratos é suficiente para provocar a aparición de leucemia linfocítica crónica en todos os animais”, conclúe Alarcón.

Publicidade


Referencia: Overexpression of wild type RRAS2, without oncogenic mutations, drives chronic lymphocytic leukemia. (Publicado en Molecular Cancer)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri

Blanca Landa, experta en covid das plantas: “Adestramos cans que xa detectan vexetais infectados”

A investigadora do CSIC coordina un proxecto europeo para mitigar o impacto de 'Xylella fastidiosa', unha bacteria capaz de afectar máis de 700 especies

Un novo método predí a resistencia aos antibióticos da bacteria ‘Helicobacter pylori’

O estudo do CSIC permite saber con antelación que tratamento será máis eficaz para cada paciente