Científicos de EEUU logran “curar” corazóns de ratos tras sufrir un infarto

O equipo conseguiu estabilizar o animal mediante unha nova técnica baseada na rexeneración das células musculares

Aínda que a nova técnica non foi probada en humanos, os investigadores pensan probar a súa eficacia porque pode chegar a salvar moitas vidas
Aínda que a nova técnica non foi probada en humanos, os investigadores pensan probar a súa eficacia porque pode chegar a salvar moitas vidas

Un grupo de científicos de Estados Unidos desenvolveron unha nova técnica que pode reparar e mesmo rexenerar as células do músculo cardíaco despois dun ataque ao corazón (ou infarto de miocardio). Aínda que, ata o de agora, só foi probado en ratos, se funcionase da mesma forma en humanos, podería chegar a ser un tratamento que salve vidas.

A técnica utiliza un ácido ribonucleico mensaxeiro sintético (ARNm). O ARNm crea un “modelo” de secuencias de ADN que logo o corpo usa para construír as proteínas que forman e regulan as nosas células. Ao modificar o ARNm, os científicos poden atopar distintas instrucións para diferentes procesos biolóxicos.

Aquí, as instrucións editadas promoven a replicación das células do músculo cardíaco (cardiomiocitos) a través de dous factores de transcrición mutados, Stemin e YAP5SA. Esencialmente, a idea é facer que as células do músculo cardíaco, que teñen moi pouca capacidade de rexeneración, actúen como células nai, que o corpo pode converter noutros tipos de células especializadas.

A diferenza feita polo tratamento con ARNm, despois de catro semanas. Fonte: The Journal of Cardiovascular Aging

“Ninguén foi capaz de facer isto ata este punto e pensamos que podería converterse nun posible tratamento para humanos”, explica o biólogo Robert Schwartz, da Universidade de Houston, en Texas. Menos do 1% das células do músculo cardíaco adulto poden rexenerarse (os cardiomiocitos que temos cando morremos son, na súa maioría, os mesmos que tivemos desde o primeiro mes de vida) e iso significa que os ataques cardíacos e as enfermidades cardíacas poden deixar o corazón nun estado de fraxilidade permanente.

En experimentos tanto en placas de cultivo de tecidos como en ratos vivos, demostrouse que Stemin activaba propiedades similares ás das células nai nos cardiomiocitos, mentres que YAP5SA promovía o crecemento e a replicación de órganos. O equipo describiu o proceso como un “cambio de xogo”. O estudo con ratos vivos afectados por corazóns danados mostrou que os núcleos dos miocitos se replicaron polo menos 15 veces nas 24 horas posteriores ás inxeccións dos factores de transcrición mutados, Stemin e YAP5SA.

“Cando se inxectaron ambos factores de transcrición en corazóns de ratos adultos con infarto, os resultados foron sorprendentes”, revela Schwartz .”Os miocitos cardíacos multiplicáronse rapidamente nun día, mentres que os corazóns, durante o mes seguinte, foron reparados a unha función de bombeo cardíaco case normal con poucas cicatrices”, engade. “Este é un gran estudo sobre a rexeneración do corazón, especialmente dada a estratexia intelixente de usar ARNm para administrar Stemin e YAP5SA”, di o biólogo Siyu Xiao , da Universidade de Houston.

Os núcleos dos miocitos replicáronse polo menos 15 veces nas 24 horas posteriores ás inxeccións

O ARNm sintético agregado ás células desapareceu nuns poucos días, tal como fai o ARNm producido nos nosos corpos, informan os investigadores. Isto dálle á nova técnica unha vantaxe sobre os procesos de terapia xénica que non se poden deter ou eliminar fácilmente unha vez que están en marcha. Aínda queda por ver se este enfoque pode ser aplicado con éxito nos humanos. Serán necesarios máis anos de investigación para ver se isto pode chegar a funcionar, mais o equipo investigador ten confianza.

O traballo continúa para comprender máis sobre as enfermidades e as lesións cardíacas, e como responde o corpo despois de sufrilas. O estudo sobre a saúde cardiovascular segue sendo unha prioridade para os científicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.