Un economista na Academia Galega de Ciencias

Continúa a renovación da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa incorporación de seis novos académicos en diversas áreas de coñecemento. A última fichaxe foi a de Luis Caramés, catedrático de Facenda Pública e Sistemas Fiscais da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se integra na Sección de Ciencias Sociais e Económicas. 
O discurso de ingreso do novo académico da RAGC titulouse “Entre a miopía e a avaricia: un percorrido pola crise financeira”. No texto, fixo repaso do último ‘crash’ financeiro que viviu o mundo, que non foi previsto polos principais economistas, aínda que apareceron voces pouco publicitadas que advertiron dos riscos e do que podía acontecer.
Caramés recibíu a medalla de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o diploma de académico de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos.

Caramés dirixe o Máster en Administración Financeira e Tributaria da USC

Ao acto asistiron, entre outros, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Miguel Á. Cadenas, o conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Xesús Palmou; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros Viqueira; e o vicerreitor de Organización Académica e PDI da USC, Luis Lima Rodríguez.
Luis Caramés Viéitez (1949, Cerdedo-Pontevedra) é catedrático de Facenda Pública e Sistemas Fiscais na USC desde 1987. Foi o primeiro presidente do Consello Galego de Relacións Laborais e na actualidade preside a Organización de Economistas da Educación (OEE).
Foi decano da Facultade de Económicas e director do Departamento de Economía Aplicada da USC. Na actualidade, dirixe o Máster en Administración Financeira e Tributaria (19ª Edición), organizado pola USC e a Secretaría de Estado de Facenda.
Como profesor visitante, impartiu docencia, entre outras, nas Universidades de Burdeos e Pau, en Francia, e na Business School de Curitiba, en Brasil. Ademais, é director da Cátedra Bolívar da USC para as relacións con América Latina.

Publicidade

O ingreso de Caramés forma parte do proceso de renovación da RAGC

Caramés participou na Comisión para a Reforma do Financiamento Autonómico do Ministerio de Facenda en 2001 e é membro correspondente da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas. Tamén forma parte da Association of Local Public Economics e é avaliador da Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva (ANEP) do Ministerio de Ciencia e Innovación.
No ámbito das publicacións, ademais de colaborar con varios medios de comunicación, é coeditor da Urban Public Economics Review e membro do Consello de Dirección da Revista Europea de Dirección e Economía da Empresa. Entre os seus libros, destacan “La balanza fiscal de Galicia” (2004) e “Economía Pública Local” (2004).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da USC e da UVigo crea unha maqueta virtual interactiva para imaxinar o futuro de Galicia

O proxecto do CISPAC crea unha paisaxe alternativa vertebrada en catro eixos temáticos: a comunidade, o hábitat, a enerxía e a alimentación

Os segredos dos 21.000 pelos: un estudo revela a través do ADN o comportamento social do oso pardo

A tese de Esther Valderrábano confirma o bo estado sanitario da poboación cantábrica, que conta con arredor de 400 exemplares

Unha IA para formar terapeutas: así é o proxecto galego que xera sesións de psicoterapia sintéticas

Un equipo do CiTIUS (USC) e da Universidade de Michigan presenta a iniciativa ROGERS, que xa está validada por profesionais do sector

Un novo recurso didáctico creado na USC conecta o patrimonio musical galego co Camiño de Santiago

O material reúne dez arranxos de música do percorrido francés e propostas para traballar este repertorio das aulas de Primaria e Secundaria