Cerco ós parasitos nas pesquerías do Atlántico

Unha tese doutoral realizada no Consello Superior de Investigacións (CSIC) e a Universidade de Aveiro propón ferramentas para transferir ás empresas pesqueiras e autoridades sanitarias os últimos avances científicos para facer fronte a parasitos de orixe mariña, unha das principais problemáticas da industria pesqueira, así como a optimización dos métodos de control e de detección vixentes.
A autora, María Llarena Reino, realizou a investigación baixo a dirección de Santiago Pascual, científico titular do CSIC no Grupo ECOBIOMAR do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Este grupo na actualidade lidera o proxecto europeo PARASITE, que ten por obxectivo abordar os retos dos riscos biolóxicos asociados a parasitos en produtos da pesca.

‘Os parasitos mariños son un risco emerxente de saúde e tamén económico’

“Os parasitos de orixe mariña son un risco emerxente ao que ten que facer fronte a industria pesqueira, debido non só ao seu impacto a nivel de saúde pública, senón á afectación comercial e perdas económicas“, explica María Llarena. A investigadora salienta que, nos últimos anos, “incrementouse o número de notificacións de alerxias causadas por infeccións parasitarias transmitidas polo consumo de peixe. Neste contexto, a industria incorporou programas de Análise de Perigos e Puntos Críticos de Control a todas as súas actuacións na cadea alimentaria”.
Llarena considera que aínda existe falta de consenso e estandarización de técnicas de detección e diagnóstico de parasitos: “É aí onde a comunidade científica ten un papel clave: incrementando o coñecemento sobre as parasitos de orixe mariña e transferindo os resultados das devanditas investigacións ao sector”, sinala.
A tese doutoral tentou a mellora dalgúns sistemas de detección de parasitos, como o visionado con luz UV. María Llarena Reino é licenciada en Veterinaria pola Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, máster en Química e Enxeñaría Alimentaria polo Institut Químic de Sarriá de la Universitat Ramon Llull de Barcelona e doutora pola Universidade de Aveiro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas

O xenoma do anisakis permite desenvolver unha nova ferramenta para o control do parasito

Un estudo con participación galega senta as bases para mellorar os programas de vixilancia e contribuír a un consumo de peixe máis seguro

Noites que matan: cando a calor non dá tregua aínda que caia o sol

En noites de exceso de calor extrema, o risco de morrer aumenta un 2,6% respecto ás noites sen tensión térmica. Por Dominic Royé

É seguro conservar o peixe en envases de plástico? Isto di un novo estudo

Un estudo do CSIC detecta a migración de compostos químicos cara ao produto almacenado en frío. Por Ethel Eljarrat e Maria Vittoria Barbieri