Tres debuxos de escolares galegos viaxarán ao espazo

Tres debuxos de escolares galegos viaxarán ao espazo coa misión CHEOPS. A Axencia Espacial Europea anunciou os deseños escolares que viaxarán ao espazo a bordo do seu telescopio, que está previsto que se lance ao espazo a principios de 2018 e que ten por obxectivo identificar novos planetas fóra do Sistema Solar.

Debuxo dun cativo de Celanova que viaxará co telescopio Cheops.
Debuxo dun cativo de Celanova que viaxará co telescopio Cheops.

O éxito da iniciativa en toda Europa foi absoluto, recibíndose milleiros de debuxos. Dende España chegaron á ESA 4.500 debuxos dos que se seleccionaron por sorteo 297, tres deles galegos. Dous deles son de escolares de Celanova (Ourense) e un de Poio (Pontevedra).

Publicidade

En total, uns 3.000 debuxos de nenos europeos de entre 8 e 14 anos serán miniaturizados e gravados nunha placa que irá montada no telescopio espacial CHEOPS. “razas a este concurso e ao proxecto CHEOPS miles de nenos poderán cumprir o seu soño de, en certo xeito, viaxar ao espazo e percorrelo en busca doutros mundos”, sinala Ignasi Ribas, investigador do CSIC e do Institut dEstudis Espacials de Catalunya.

O nome de CHEOPS é unha homenaxe ao Antigo Exipto e unha referencia á pirámide Keops. Ata o momento descubríronse uns 2.000 exoplanetas e con esta misión espacial, pertencente ao programa Cosmic Vision da Axencia Espacial Europea, preténdese aumentar este número e obter medidas moito máis precisas daqueles que xa se coñecen. O novo telescopio orbital europeo ten un orzamento de 50 millóns de euros.

Publicidade

Aquí poden consultarse os debuxos premiados que viaxarán ó espazo.

Deseño seleccionado dun escolar de Celanova.
Deseño seleccionado dun escolar de Celanova.

1 comentario

  1. Non me parece moi normal que falen de tres escolares galegos de Poio e Celanova, xa que é erróneo. Eu coñezo outros tres de Vigo e non se nomean aquí. Así que por favor e nomean, nomeen a todos. No mesmo espazo web que din de consulta, consúltenos que están aí.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Novos achados confirman a longa ocupación da illa de Tambo

Unha campaña arqueolóxica, promovida polo Concello de Poio, documenta a presenza humana continuada dende a prehistoria ata a etapa militar contemporánea

O galego que puxo en xaque as ditaduras de Franco e Salazar coa toma do “Santa María”

Xosé Velo, nado en Celanova, foi o activista que ideou o secuestro dun buque internacional que acadou unha gran relevancia en 1961

Esta é a primeira mostra do mapa do universo elaborado pola ESA e con participación galega

A misión Euclid elaborará a primeira cartografía tridimensional do cosmos, rexistrando as formas, distancias e movementos de millóns de galaxias localizadas a 10 mil millóns de anos luz