Buscan testemuñas dun posible bólido que pasou sobre Galicia

Onte á tardiña, sobre as 20.30 horas, varias usuarios das redes sociais compartiron o posible avistamento dun bólido en varios puntos do noroeste da Península. Desde lugares como Pontevedra, A Mariña, Asturias, norte de Portugal e mesmo Extremadura, diversas persoas falaban dun obxecto brillante, de cor verdosa e que, segundo algunhas achegas, mesmo deixou unha fumareda tras de si.

Consultado por GCiencia, e tras comprobalo nas cámaras de observación de Santiago e Lugo, o director do Observatorio Ramón María Aller, José Ángel Docobo, sinalou que non tiñan constancia de ningún avistamento. A chuvia e as nubes que dominaban o ceo de Galicia na tarde de onte impediron que en moitos puntos do norte de Galicia se puidera ver este fenómeno.

Publicidade

Desde outras entidades astronómicas, como AstroVigo, tampouco se ten constancia de máis datos que os achegados a través das redes sociais.

Así, e para intentar pescudar máis datos sobre o suposto bólido, desde o Observatorio Astronómico da USC piden a colaboración cidadá a quen poida achegar máis datos. Facilitan o enderezo oasec@usc.es para que escriban todas aquelas persoas que foran testemuñas do suceso.

Publicidade

5 COMENTÁRIOS

  1. Mi hijo mayor sobre las 20.15 íbamos en el coche y me dice “mamá mira una aurora” y yo no le crei. Somos de Santa Eugenia de Ribeira

  2. Desde cangas lo vi perfecto déjo una estela verde como el color de una aurora boreal duro sobre diez segundos impresionante rumbo oeste

  3. Sobre as oito e media da tarde. Ía do traballo cara a miña casa en Taboada (Lugo,Cp 27559), apareceu derrepente e ía deixando unha estela de colores entre verdes e amarelos, non me pareceu algo similar a unha estrela fugaz por iso me puxen a preguntarlle a coñecidos pero nadie vira nada nin había noticias delo. Despois de pasar, e sendo xa de noite deixou un rastro de fume, polo que me fixo pensar que igual ata non fose moi lexos. Foi un avistamento casual e único, nunca vin nada nin medio parecido. Xa sabedes o que puido ser? Cheguei a pensar ata nun satelite…..

  4. Onte sobre as oito e media iba na carretera de negreira a pereira e paso como un un destello de color verdoso brilante en direccion noroeste dende donde o vin iba como direccion a fisterra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla