Domingo 28 Abril 2024

24 proxectos de I+D+i vinculados á Covid-19 optan ao programa Conecta Covid da Xunta

As propostas parten de 45 empresas e 10 grupos de investigación, e están vinculadas á investigación industrial e desenvolvemento experimental

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), recibiu solicitudes para financiar 24 proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación orientados a facer fronte á pandemia da Covid-19 no marco da convocatoria do programa de axudas Conecta Covid.

Nestes proxectos figuran 21 iniciativas relacionadas coa investigación industrial e desenvolvemento experimental relacionado coa Covid-19, mentres que as 3 restantes enmárcanse no eido da innovación en produto vinculada tamén a pandemia. Nos 24 proxectos están implicadas 45 empresas galegas –das cales 40 son pemes e as outras 5 grandes empresas tractoras– e 10 organismos de investigación, e todos eles están orientados ao mercado e á mellora da competitividade das empresas galegas, contribuíndo ao mesmo tempo ao impulso da transición dixital do tecido empresarial galego –especialmente das pemes–, e polo tanto á recuperación económica de Galicia.

Publicidade

Entre as solicitudes presentadas ao Conecta Covid destacan, entre outros, sistemas de desinfección intelixente, aplicacións dixitais e de Intelixencia Artificial no diagnóstico e proxectos de desenvolvemento experimental para evitar a propagación do virus.

TOdos os proxecctos están aliñados, segundo destaca a Xunta, cos obxectivos dos Hubs galegos de innovación dixital, Dihgigal e Datalife, ambos axentes colaboradores na convocatoria e desenvolvemento do programa de axudas que fomenta tamén a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia.

“A colaboración dos Hubs permitirá canalizar os fondos dun xeito eficaz e eficiente, xa que poderán orientar os apoios ás necesidades reais do tecido empresarial e avanzar no modelo galego de especialización intelixente”, sinalou a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey. Ao mesmo tempo, destacou que “neste contexto de pandemia, a innovación e a transición dixital son máis necesarias que nunca para reactivar a economía, recuperar o emprego e garantir a prosperidade da nosa rexión”.

A Xunta de Galicia achegará catro millóns de euros á convocatoria Conecta Covid, coa que se prevén mobilizar seis millóns de euros grazas ao cofinanciamento privado das empresas galegas. Así, a intensidade da axuda que recibirán os proxectos apoiados depende da liña e do tamaño das empresas implicadas, podendo recibir as pemes ata o 80% do total do investimento. Ademais, poderán realizarse pagamentos anticipados de ata o 80% da axuda concedida e incluso do 100% no caso de que as iniciativas rematen este ano ou en 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas