Unha nova proposta para mellorar a produción de biobutanol

A investigadora Helena Peñas demostra na súa tese de doutoramento unha estratexia para incrementar a concentración final deste carburante

A investigadora Helena Peñas González, membro da agrupación estratéxica de investigación centrada nas tecnoloxías ambientais Cretus da Universidade de Santiago de Compostela, demostrou na súa tese de doutoramento unha nova estratexia para aplicar técnicas de extracción integradas ao proceso de fermentación de biobutanol. Como biocarburante, o butanol presenta importantes vantaxes con respecto ao bioetanol, tales como unha gran densidade enerxética ou unha resposta no motor máis próxima á da gasolina, aínda que é custosa.

Explica Peñas que o custe é maior “xa que se leva a cabo por medio de bacterias do xénero Clostridia que son fortemente inhibidas polo seu propio produto.  Unha forma de combater este problema pasa por eliminar o produto tóxico do medio a medida que é producido; este é o obxectivo das separacións integradas”, explica a científica.

Publicidade

A investigadora centrouse na selección de disolventes de extracción adecuados para a fermentación, tanto pola súa capacidade separativa como pola súa biocompatibilidade. As investigacións realizadas permitiron demostrar a validez dunha separación integrada con aceites vexetais de orixe natural para incrementar en mais de 60% a concentración final de biobutanol, reducindo de maneira notable o consumo de auga. Ademais, viuse que a utilización de disolventes específicos de gran capacidade separativa, como o 2-butyl-1-octanol, permite mellorar o rendemento en butanol, o cal se traduce nunha economía de ata o 40% en materias primas, con respecto ao proceso convencional.

Helena Peñas, cos membros do tribunal e os directores da súa tese. Foto: USC.
Helena Peñas, cos membros do tribunal e os directores da súa tese. Foto: USC.

A tese, titulada ‘Solvent-based approaches to evaluate the ABE extractive fermentation’, foi cualificada con sobresaliente Cum laude polo tribunal presidido por Francisco Valero Barranco, catedrático de Enxeñaría Química da Universidade Autónoma de Barcelona; Nicolás Lopes Ferreira, investigador senior de Biotecnoloxía, Microbioloxía e Bioloxía Molecular do grupo IFP Energies Nouvelles de Francia; e polo investigador postdoutoral de Enxeñaría Química da USC, Miguel Mauricio Iglesias.

Publicidade

O traballo desenvolveuse dentro do Grupo de Biotecnoloxía Ambiental do Departamento de Enxeñería Química e foi dirixido polo investigador Thelmo Lú Chau e o profesor Juan M. Lema Rodicio. Ademais, contouse coa participación dun centro de referencia internacional no ámbito da enerxía, o IFP Energies Nouvelles de Francia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O xenoma do anisakis permite desenvolver unha nova ferramenta para o control do parasito

Un estudo con participación galega senta as bases para mellorar os programas de vixilancia e contribuír a un consumo de peixe máis seguro

Atopados os restos óseos dun individuo durante a escavación da foxa de Beira, en Carral

Un equipo da USC busca espazos de violencia franquista na parroquia coruñesa, onde foron enterradas entre agosto e setembro de 1936 un mínimo de 18 vítimas na contorna da igrexa

O virus da encefalite transmitida por carrachas chega a Galicia: un estudo detecta anticorpos en animais

Un equipo da USC confirma a circulación do patóxeno, considerado unha ameaza de saúde pública pola gravidade dos síntomas neurolóxicos que pode causar

Un estudo da USC revela que a poboación española avalaría un endurecemento das medidas antitabaco

O artigo sinala que as propostas con menor apoio son a prohibición de fumar en terrazas e o aumento da idade mínima de venda ata os 21 anos