Ciencia

Un instituto de Melide crea unha táboa periódica interactiva en galego

O proxecto, impulsado por alumnos de Secundaria e FP, deseñou para cada elemento unha ficha coa súa historia, propiedades, obtención e aplicación

O verán chega este venres ás 17.54 horas

Unha eclipse parcial de Lúa o 16 de xullo e unha aliñación Xúpiter-Lúa-Saturno, entre os acontecementos astronómicos da estación

Descobren desde Almería dous planetas semellantes á Terra a 12,5 anos luz

Científicos españois e alemáns detectan unha zona potencialmente habitable e que podería ter auga líquida no sistema da Estrela de Teegarden

Esta é a nova proposta de distribución da táboa periódica

Dous matemáticos do Instituto Max Planck propoñen unha nova distribución alternativa dos elementos en función de diversas variables

Unha dieta para non pasar fame antes dunha colonoscopia

Investigadores do Hospital del Mar deseñaron unha dieta baixa en fibra e cunha cantidade de calorías normal para evitar os inconvenientes previos

Científicos galegos preparan plásticos biodegradables a partir de biomasa

O grupo de Biotecnoloxía Ambiental da USC forma parte do proxecto Usable Packaging, que elabora estes produtos con materia orgánica

A Unión Astronómica Internacional, “preocupada” coas constelacións de satélites

A entidade advirte de que os proxectos como o Starlink poñen en risco as observacións dos telescopios terrestres e poderían xerar interferencias graves

O mapa do rastro radioactivo das bombas atómicas en Galicia

As provincias de Pontevedra e Ourense teñen as maiores concentracións de cesio-137 orixinado polas probas nucleares pero sen riscos para a saúde

Atopan a Marumasat IV en Maceda catro días despois do lanzamento

A sonda foi localizada a uns 1.700 metros das coordenadas nas que se estivo buscando tras saír de Ordes o pasado 28 de maio

As claves da eclipse total que ocultará o Sol en Chile e na Arxentina

Este martes 2 de xullo o Sol quedará oculto pola Lúa pero só os dous países suramericanos poderán contemplar o espectáculo

Así vivín a experiencia de ser unha persoa de 80 anos

A redactora de GCiencia Antía P. Vieitez ponse na pel dunha anciá cun "traxe de envellecemento" que simula a perda de funcionalidade

Ordes rexistra un terremoto de intensidade II

O sismo, cunha magnitude de 2,5 tivo lugar ás 22.50 da noite do mércores a poucos quilómetros ao nordeste do casco urbano do municipio

O xeorradar tamén vale para detectar defectos nas estradas

Unha tese presentada na UVigo polo enxeñeiro Javier Prego constata o potencial desta ferramenta nas obras de Enxeñaría Civil

Galicia poderá ver esta noite un ‘tren’ de satélites no ceo

A rede Starlink, lanzada polo multimillonario Elon Musk, xa ten en órbita máis de 60 dispositivos que poden verse a simple vista como unha estela no ceo

Cen anos da eclipse que confirmou a Einstein

Arthur Eddington, da Universidade de Oxford, usou o fenómeno de 1919 para confirmar o efecto da lente gravitacional

“Mate-glifos”: o “primeiro libro” coa historia dos símbolos matemáticos é galego

Miguel Mirás e Nicanor Alonso lanzan coa colección Xerais Básicos Ciencia "o único texto a nivel mundial" que aborda a orixe e evolución destes símbolos