Xoves 5 Marzo 2026

Nobel de Medicina para o estudo da adaptación das células aos niveis de osíxeno

A Academia Sueca recoñece o traballo dos investigadores que descubriron como as células senten e se adaptan á dispoñibilidade de osíxeno

Na mañá deste luns fíxose público o nome dos gañadores do Nobel de Medicina e Fisioloxía, o primeiro dos prestixiosos galardóns, que se irán anunciando durante esta semana. Os científicos estadoundenses  Gregg L. Semenza e William G. Kaelin Jr., e o británico Sir Peter J. Ratcliffe compartirán o Nobel de Medicina “polos seus descubrimentos de como as células senten e se adaptan á dispoñibilidade de osíxeno”, segundo anunciou o xurado.

O traballo de Kaelin, Ratcliffe e Semenza xirou arredor da identificación dos mecanismos moleculares que regulan a actividade dos xenes en resposta a variacións nos niveis de osíxeno. Este é un aspecto clave para os animais, xa que precisan do osíxeno para converter os alimentos en enerxía útil.

Publicidade

Cos seus achados, os gañadores do Nobel de Medicina 2019 revelaron o mecanismo dun dos procesos adaptaticos máis esenciais da vida. Estableceron as bases para comprender como os niveis de osíxeno afectan ao metabolismo celular e á función fisiolóxica.

Alén disto, os avances dos seus traballos abriron o camiño para novas e prometedores estratexias contra doenzas como a anemia, o cancro e moitas outras.

Publicidade

Os tres gañadores do Nobel de Medicina desenvolven o seu traballo en institucións dos seus paises de orixe; William G. Kaelin Jr (Nova York, 1957) é investigador do Instituto Médico Howard Hughes e catedrático da Escola Médica de Harvard. Gregg L. Semenza (Nova York, 1956), é director do Programa de Investigación Vascular no Instituto Johns Hopkins (universidade na que tamén é catedrático) para a Enxeñaría Celular. Pola súa parte, Peter Ratcliffe (Lancashire, 1954), é director de Investigación Clínica no Instituto Francis Crick de Londres e catedrático da Universidade de Oxford.

O ano pasado, o Nobel de Medicina recaeu en James P. Allison (Estados Unidos) e Tasuku Honjo (Xapón) polos seus achados na investigación da inmunoterapia contra o cancro.


Máis información (en inglés) na páxina dos Premios Nobel.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sempre os mesmos: por que os Nobel continúan ocultando a tantas científicas?

Este ano, o balance de galardoados nas disciplinas de Física, Química e Fisioloxía ou Medicina é de sete homes fronte a ningunha premiada

O Nobel de Física homenaxea aos pioneiros da intelixencia artificial

John Hopfield e Geoffrey Hinton desenvolveron na década dos anos 80 técnicas e métodos que sentaron as bases da aprendizaxe automática empregando os ordenadores como redes neuronais artificiais

Nobel de Medicina por un descubrimento fundamental na regulación dos xenes

Victor Ambros e Gary Ruvkun foron os primeiros en vencellar o microARN e coa diferenciación das células, un achado de grande relevancia para entender a evolución dos organismos complexos

Nobel de Física para os pais do estudo dos electróns dentro dos átomos

Os científicos Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier, galardoados pola Academia de Ciencias de Suecia