A NASA prepara a viaxe da primeira muller á Lúa para 2024

Un investimento adicional de 1.600 millóns de dólares levará á axencia a retomar os seus plans de regreso á Lúa e a chegada a Marte

No ano no que se cumple medio século da chegada do ser humano á Lúa, a NASA acaba de anunciar de forma oficial un novo gran paso na exploración espacial: a misión Artemisa, que ten previsto levar en 2024, por primeira vez, unha muller ao satélite.

O proxecto será realidade despois do anuncio dun investimento de 1.600 millóns de dólares adicionais á NASA por parte do goberno, co que se impulsarán os plans de exploracións á Lúa e a Marte.

Publicidade

A Misión Artemisa, que rende homenaxe á deusa da Lúa e irmá de Apolo na mitoloxía grega, é unha chiscadela á misión que hai agora 50 anos, en xullo de 1969, conseguiu que a Humanidade puxera o pé no satélite.

Desde entón, as 12 persoas que camiñaron sobre a superficie lunar, desde Neil Armstrong (1969) ata Eugene Cernan (1972) foron homes. Con Artemisa, a NASA pretende rachar coa fenda e espertar a ilusión e a educación en igualdade, segundo expuxo o administrador da axencia, Jim Bridestine: “Este programa vai permitir que unha nova xeración de nenas, como a miña filla, se vexan a si mesmas dunha forma que doutra maneira non se verían”.

Publicidade

Artemisa, o regreso “para quedar”

“Volvemos para quedar“, informou a NASA a través da súa canle en Youtube. A axencia espera que a súa participacón na exploración da Luna axude aos Estados Unidos a establecerse de maneira estratéxica no espazo e faga crecer as súas colaboracións internacionais.

Os novos investimentos acelerarán os traballos para desenvolver tecnoloxías clave e a carga científica útil necesarias para a misión. Principalmente, na construción do foguete SLS (Sistema de Lanzamento Espacial, polas súas siglas en inglés) por parte de Boeing e a nova nave espacial Orion, onde viaxarán os astronautas.

Entre os seus principais obxectivos, a NASA destaca que quere volver á Lúa para aumentar os seus coñecementos e prepararse para as futuras misións a Marte, onde prevén poñer o pé en 2030.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns