Xoves 25 Abril 2024

Detectan actividade tectónica na Lúa cos datos do programa Apolo nos anos 70

Un estudo publicado en "Nature Geoscience" suxire que o satélite está "tectónicamente activo" grazas a un algoritmo que estudou os sismos

O programa Apolo foi unha das experiencias máis lembradas na exploración espacial. Entre finais dos anos 60 e comezos do 70, as diversas expedicións enviadas á Lúa recolleron interesantes datos do satélite. Entre outros, instalaron varios sismógrafos para examinar os posibles ‘lunamotos’: ata un total de 28 sismos foron rexistrados naquel tempo. Críase que eran terremotos superficiais, pero un estudo publicado essta semana en Nature Geoscience apunta a outra posibilidade: probablemente foron causados pola actividade tectónica no interior da Lúa.

Científicos do instituto Smithsonian e outros grupos de investigación estadounidenses analizan no seu traballo os datos do programa Apolo e contrástanos coas imaxes que captou en 2010 o satélite Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO), que localizou numerosas fallas novas, de menos de 50 millóns de anos. Este descubrimento interpretouse como unha evidencia de actividade tectónica na lúa, mais non se sabía con maior exactitude a antigüidade desta actividade.

Publicidade

Con esta información, e aplicando un algoritmo de redes sísmicas dispersas, obtivéronse estimacións máis precisas que as realizadas ata agora sobre a localización dos epicentros daqueles ‘lunamotos’ ou movementos sísmicos lunares.

“Atopamos que os epicentros de oito terremotos próximos á superficie caen a 30 quilómetros dunha escarpa de falla (terreo similar a un cantil causado pola contracción horizontal da superficie lunar), a distancia esperada por unha forte sacudida do chan”, apuntan os autores do traballo, dirixido por Thomas Watters, do Smithsonian.

“Ademais –engaden–, tras analizar o tempo destes oito eventos, atopamos que seis ocorreron cando a Luna estaba a menos de 15.000 quilómetros de distancia do apoxeo (punto da órbita no que está máis lonxe da Terra)”. Así, o modelo das forzas das mareas que contribúen ás tensións que sofre actualmente o satélite tamén mostrou que sete destes ‘lunamotos’ superficiais rexistrados a menos de 60 quilómetros dun escarpe de falla sucederon no pico das tensións de compresión, o momento cando é máis probable que ocorran esvaramentos de falla.

Con toda esta información, os autores conclúen que a proximidade dos sismos ás novas fallas, xunto ás evidencias de movementos de rochas e perturbación do regolito (a capa superior solta do solo lunar), “suxiren con forza que a Luna está tectónicamente activa“.

ReferenciaShallow seismic activity and young thrust faults on the Moon (Publicado en Nature Geoscience). 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A seguinte eclipse solar total será en 2026 e si, poderase ver dende Galicia

Dentro de dous anos, o fenómeno observarase en todo o seu esplendor na zona oeste do territorio galego arredor das 20:20 horas

Como xestionar a enerxía eléctrica en vehículos lunares non tripulados? Así o estuda a UVigo

O proxecto busca garantir as demandas eléctricas dos 'rovers' no polo sur lunar, un lugar de interese científico pola posibilidade de que exista auga conxelada

A Lúa non ten ceo

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de “E se estivésemos equivocados? E se a Terra...

Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares