Michael deixa fortes chuvias e vento no oeste de Galicia

O impacto do exfuracán Leslie, convertido xa en profunda borrasca, contra a península Ibérica provocou importantes danos no centro de Portugal. Centos de miles de persoas quedaron sen subministro eléctrico, sobre todo nos distritos de Leiria e Coimbra, con refachos que chegaron a superar os 15o quilómetros por hora. En Galicia deixouse sentir sobre todo no suroeste, con acumulados de chuvia durante o sábado que superaron os 30 litros por metro cadrado e refachos máximos de 117 km/h en Lardeira, 111 en Manzaneda e por riba dos 80 na Costa da Morte e O Morrazo, segundo recolleron as estacións de MeteoGalicia. E case sen tempo para facer balance, chegou Michael.

Esta borrasca foi, na súa orixe, un furacán que causou máis de 15 mortos en México e Florida, con ventos de ata 250 quilómetros por hora. Despois de cruzar o Atlántico, xa debilitado, Michael chegou na madrugada do luns a Galicia. MeteoGalicia mantén ata o mediodía deste luns un aviso amarelo no oeste da provincia da Coruña por precipitacións que poden acadar ata 40 litros por metro cadrado. Do mesmo xeito, hai aviso de nivel laranxa no mar por ondas de entre 5 e 6 metros, ata as 21 horas deste luns.

Publicidade

En menos de 10 horas, estacións como Muralla (Lousame), Cespón (Boiro) e Corrubedo (Ribeira) superaran xa os 20 l/m2. No tocante ao vento, nas estacións situadas en Oia, Lira, Camariñas e Cedeira houbo refachos por riba dos 90 quilómetros por hora.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro