Convocado o III Premio Galicia de Xornalismo Científico

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta, abre ata o 15 de xuño o prazo de presentación de candidaturas á terceira edición do Premio Galicia de Xornalismo Científico 2018. O pasado ano, o premio recaeu no redactor de GCiencia Manuel Rey, por unha reportaxe sobre a Ataxia da Costa da Morte.

O proceso de participación simplifícase de xeito significativo ao habilitar a presentación de xeito telemático a través dun formulario electrónico dispoñible nas webs da RAGC (ragc.gal) e de GAIN (gain.xunta.gal) a partir do 23 de abril. O galardón, que alcanza a súa terceira edición, recoñecerá con 4.000 euros netos o mellor traballo de difusión da investigación científica publicado por un medio de comunicación entre o 1 de xullo de 2017 e o 15 de abril de 2018 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión.

Publicidade

Os xornalistas poden presentar ao certame –a título individual ou en equipo– noticias, crónicas ou reportaxes que teñan como tema principal calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia: achádegos, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación, casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado, etc. A entrega do premio terá lugar o 8 de outubro, durante o acto no que se celebra o Día da Ciencia en Galicia.

Formulario de inscripcion no Premio Galicia de Xornalismo Científico

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas